Xosé Díaz Jácome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Díaz Jácome
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Datos persoais
Nacemento 19 de abril de 1910
Lugar Mondoñedo, Galicia Galicia
Falecemento 6 de setembro de 1998 (88 anos)
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Fillos Juan Ramón Díaz
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Mondoñedo, onde foi Cronista Oficial e Fillo Predilecto, foi membro da denominada Xeración do 36 e incorporouse ao neotrobadorismo da man de Álvaro Cunqueiro. Comezou publicando poemas nos xornais locais, sobre todo en La Voz de Mondoñedo e Vallibria, e noutros diarios galegos e asturianos. Nos anos 40 foi redactor xefe de El Pensamiento Navarro e dirixiu en Asturias as revistas Albor, Cuadernos de Poesía e Pregón. A comezos dos 50 trasladouse a Vigo, onde traballou como xefe de redacción de Faro de Vigo. Pouco despois pasou a dirixir en Oviedo o xornal La Voz de Asturias, posto que desempeñou durante 20 anos, ata a súa xubilación.

Recibiu numerosos galardóns, como o Primeiro Premio dos Xogos Florais de Vigo, polo seu poema "A lenda de Cristo" ou a Flor Natural de certames de Buenos Aires, Montevideo, Nova York e Barcelona. En 1996 a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao.

É o pai do tamén xornalista Juan Ramón Díaz, director de El Ideal Gallego.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Premio Díaz Jácome[editar | editar a fonte]

O Concello de Mondoñedo e a Fundación Caixa Galicia convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]