José Espinosa Rodríguez
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José Espinosa.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Espinosa Rodríguez.
José Espinosa Rodríguez | |
---|---|
Nome completo | José Espinosa de los Monteros y Rodríguez |
Nacemento | 14 de febreiro de 1880 |
O Porriño | |
Falecemento | 13 de decembro de 1966 |
Residencia | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador e farmacéutico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Espinosa de los Monteros y Rodríguez, nado no Porriño o 14 de febreiro de 1880 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1966, foi un farmacéutico e historiador galego, cronista oficial de Vigo desde 1937.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en La Voz del Miñor e Faro de Vigo e foi membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 18 de outubro de 1952, e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Farmacia.
Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]
- Casas y cosas del Valle Miñor (1938)
- Fray Antonio de Sotomayor y su correspondencia con Felipe IV (1944)
- El valle de la Louriña. Bosquejo histórico (1944)
- Bouzas (1944)
- Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca) (1949)
- Historia de las farmacias del partido judicial de Vigo (1568-1949) (1950)
- Casas y cosas del Valle Miñor (1951)
- Un privilegio del Emperador Carlos V (1952), discurso de ingreso na RAG, contestado por Paulino Pedret[1]
- Apuntes gráficos sobre heráldica gallega (1954)
- Kaleidoscopio gondomareño (1957)
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Declarárono fillo predilecto do Porriño e fillo adoptivo de Vigo. Recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Unha rúa de Vigo leva o nome Cronista Espinosa.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Espinosa Rodríguez, J. (2019). Un privilegio del emperador Carlos V. Real Academia Galega.
- ↑ En 42°13′57.72″N 8°42′3.08″O / 42.2327000, -8.7008556.
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994). Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo. Ano orixinal: 1991 (2ª ed.). Vigo. p. 118. ISBN 84-87379-47-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilanova, Alberto: "Espinosa Rodríguez, José" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD.
- "Espinosa de los Monteros y Rodríguez, Xosé" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 31-32, Ir Indo, Vigo.
- "Espinosa de los Monteros e Rodríguez, Xosé" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 25, p. 89, 2003.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "José Espinosa Rodríguez". Real Academia Galega.
Predecesor: Avelino Rodríguez Elías |
Cronista de Vigo 1937 - 1966 |
Sucesor: Xosé María Álvarez Blázquez |