Eugenio Arbones Castellanzuelo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de setembro de 1881 Ponteareas |
| Morte | 15 de setembro de 1936 Cabral |
| Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
Representa: Partido Socialista Obreiro Español 10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, xinecólogo |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Familia | |
| Cónxuxe | Carmen Paz-Pardo † 1914 |
| Fillos | Eugenia Arbones Paz |
| Irmáns | Maximiliano Arbones Castellanzuelo |
Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas o 18 de setembro de 1881 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da guerra civil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.
O pobo non esquece.
15 de setembro de 2007."[1]
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Alemaña, rematando os estudos en Berlín en 1909. Acadou o doutoramento en Madrid en 1910. Chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista.
Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Colaborou en Renovación e foi vogal no consello nacional do PSOE. Non se presentou ás eleccións de febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 asistiu aos feridos no hospital municipal; as autoridades militares non o detiveron nin o acusaron, pero a raíz da denuncia doutro médico foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro,[2][3] con Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araújo Conde e Adolfo Morgade Pazos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Problemas fundamentales de la gestación, 1929.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En decembro de 1912 casou con Carmen Paz,[4] filla do seu colega Nicolás Paz Pardo.[5] Tiveron unha filla, Eugenia. A nai, Carmen, morreu no verán de 1914 vítima dunha epidemia de tifo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un recuerdo que no fue bien acogido por algunos". La Voz de Galicia (en castelán). 24/10/2007.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia.
- ↑ "La pareja Arbones Paz-Pardo, castigada por el infortunio". La Voz de Galicia. 9 de febreiro de 2007.
- ↑ El Correo de Galicia: Diario independiente de avisos y noticias (31/12/1912).
- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugenio Arbones Castellanzuelo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Arbones Castellanzuelo, Uxío". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 62–63.
- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "ARBONES CASTELLANZUELO, Eugenio". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 22-23. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Comas, Manuel e Durán, José Antonio (2005). "Arbones Castellanzuelo, Eugenio". Gran Enciclopedia Galega. ISBN 84-87804-88-8.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 19. VG 955-2010.
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 127. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nicolás Paz Pardo (sogro).
- Asasinados polo bando nacional en Galicia
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Políticos do PSOE
- Médicos de Ponteareas
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Nados en Ponteareas
- Nados en 1881
- Finados en 1936
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Xinecólogos