Benedicto Conde
Benedicto Conde González | |
---|---|
Nacemento | 1895 |
Lugar de nacemento | Castrelos |
Falecemento | 31 de marzo de 1987 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e fotógrafo |
Irmáns | Xesús Conde González |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en Castrelos (Vigo) en 1895 e finado na mesma cidade Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi mordomo, taxista, pintor e finalmente xornalista e fotógrafo. Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e na escola de Xornalismo de El Debate. Foi redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, correspondente da Axencia Logos e colaborou noutras publicacións. Como fotógrafo participou na fundación da Agrupación Fotográfica Gallega e recibiu algúns premios. Foi un dos primeiros xornalistas que escribiu en galego.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Artigo "CONDE GONZÁLEZ, Benedicto" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 537. ISBN 84-7492-465-0.