Xesús Canabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xesús Canabal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Xesús Canabal, Montevideo, 1940.jpg
Nacementomarzo de 1897
 O Amenal, O Pino, Galicia Galicia
Falecemento29 de agosto de 1985
 Montevideo, Flag of Uruguay.svg Uruguai
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Xesús Canabal Fuentes, nado no Amenal (O Pino) en marzo de 1897 e finado en Montevideo o 29 de agosto de 1985, foi un empresario e destacado persoeiro da emigración galega no Uruguai.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xesús Canabal, Castelao e Manuel Meilán, Montevideo, 1940.

Emigrou cos pais e irmáns en 1910, con trece anos de idade, ao Río da Prata, e comezou a traballar nunha empresa de papelería en Buenos Aires. Foi progresando na firma ata que se fixo cargo da sucursal de Montevideo, pero a crise producida pola Primeira Guerra Mundial obrigou o peche da sucursal uruguaia. Canabal quedou nese país, e en 1921 fundou cos seus irmáns unha empresa de papelería que levaba o seu nome (Jesús Canabal y Hnos.), especializada na produción de sobres da marca Suevia. O negocio era próspero, e comezou a mercar empresas do sector no Uruguai e en 1937 pon en funcionamento a súa propia empresa de fabricación de papel, IPUSA[2], á que se lle engadiu unha nova fábrica en 1948 en El Pando.

En 1956 participou na creación do Banco de Galicia no Uruguai, unha sociedade financeira que tivo unha importante función filantrópica entre a comunidade galega. Tamén nese ano foi presidente do primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Buenos Aires en 1956. Foi presidente da Casa de Galicia de Montevideo, da Irmandade Galeguista do Uruguai, do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (do que ademais de fundador foi presidente, vicepresidente e tesoureiro en distintas épocas). Foi un dos promotores de Sempre en Galicia, a emisión radiofónica da comunidade galega na Prata. Ademais, a proposta de César Alvajar e Ramón Suárez Picallo, foi designado ministro delegado da República no exilio (1958-1962).

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xesús Canabal Fuentes, o empresario de éxito comprometido co país". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Xesús Canabal, empresario e galeguista, Faro de Vigo, 17 de outubro de 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]