Faustino Álvarez Álvarez
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Faustino Álvarez.
Faustino Álvarez Álvarez | |
---|---|
Lugar de nacemento | Gondomar |
Falecemento | 1994 |
Lugar de falecemento | Gondomar |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi tenente de alcalde no concello de Gondomar e concelleiro no de Vigo; deputado provincial de Pontevedra; presidente do sindicato téxtil; presidente da Federación Galega de Atletismo (1944-1947);[1] vicepresidente e presidente, sucesivamente, do Real Club Celta; e presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1989 obtivo o galardón de Vigués distinguido e unha rúa da cidade de Vigo leva o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Presidentes da Federación Galega de Atletismo". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vigueses distinguidos. 1985-2011. Vigo: Ir Indo, Concello de Vigo e Fundación Vigueses Distinguidos. 2012. ISBN 9788476806906.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Faustino Álvarez: Obligado a abandonar por la mala situación deportiva del club" fameceleste.blogspot.com.es (en castelán).