Antón Mascato
Antón Mascato | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1957 |
Lugar de nacemento | O Grove |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, editor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antón Mascato García, nado no Grove en 1957, é un escritor, editor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![]() | Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Fixo os seus estudos de filoloxía galego-portuguesa na USC, desenvolvendo a súa actividade profesional en Promocións Culturais Galegas e en Ir Indo. Director de Edicións do Cumio despois de Carlos Blanco Yáñez.[1]. En 1982, con Gogue e Pepe Carreiro, fundou a revista de humor Can sen Dono. Foi secretario da Asociación Galega de Editores e vocal da Federación do Gremio de Editores de España. Directivo fundador do IEM, (Instituto de Estudos Miñoráns). Presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove. Militante do BNG, foi concelleiro de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística no Grove, nas corporacións de 1983-1987, e 2007-2011. Membro da comisión técnica do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Foi colaborador do semanario A Nosa Terra e do Jornal de Letras, Artes e Ideias de Lisboa. É colaborador de Faro de Vigo, Nós Diario e da Revista de cultura marítima Nova Ardentía, da que pertence ao seu consello de redacción.
Obra[editar | editar a fonte]
- Paco del Riego. Unha historia da restauración política e cultural, 2002.
- A ruta do Mar de Arousa, (2004) (con Manoel Santos e Francisco Macías).
- As colareiras do Grove, (2010) (con Patricia Arias Chachero).
- Xosé Conde Corbal. Obra Gráfica (2013).
- Dicionario dos alcumes. As nosas chatas (2014)
- Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) (2019).
- Inventario do Patrimonio marítimo construído da Península do Grove (2020).
- A Irmandade Galeguista do Grove (2021)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1321, 2006.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor en Cumio.