Xosé Manuel Piñeiro
Xosé Manuel Piñeiro Borrajo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1957 |
Lugar de nacemento | Allariz |
Nacionalidade | España |
Ocupación | presentador de televisión |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Manuel Piñeiro Borrajo, máis coñecido como Piñeiro ou Superpiñeiro, nado en Allariz en 1957, é un presentador de televisión galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia. O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Tamén estivo á fronte de espazos coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica.
Dende o 2011 presenta o programa Bamboleo na canle autonómica.
No ano 2014 recibiu o Premio Rebulir de Cultura Galega.[1]
En novembro de 2018 anunciou a súa retirada temporal da televisión por padecer un cancro (mieloma múltiple)[2].
En 2020, foi galardoado coa medalla Castelao.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Premio Rebulir
- ↑ "Xosé Manuel Piñeiro anuncia que deja temporalmente la televisión a causa de un cáncer". La Opinión de A Coruña (en castelán). 3 de novembro de 2018.
- ↑ "A Roda, Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, ‘Súper Piñeiro’ e Ana Peleteiro, Medallas Castelao 2020". Nós Diario. 19 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.