Saltar ao contido

Enrique Lorenzo Docampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Lorenzo Docampo
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1981 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 30 de xuño de 1970 – José Luis Peláez Casalderrey →
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964
← Prudencio Landín Carrasco
Presidente da Deputación de Pontevedra
1963 – 1970
← Prudencio Landín CarrascoJosé Luis Peláez Casalderrey → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 145833 BUSC: lorenzo-docampo-enrique-1892-1981

Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de estar emigrado na Arxentina entre 1911 e 1915, regresou á súa cidade natal para comezar a actividade empresarial. No barrio de Teis fundou en 1919 unha empresa caldeireira, co tempo reconvertida no estaleiro Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía, que tivo o seu maior período de actividade na década de 1960, en pleno auxe do sector da construción naval. En 1958 fundou en Meira a empresa conserveira Conservas La Guía, activa até 1981.

A nivel político social nos anos trinta presentouse candidato na candidatura monárquica ás eleccións municipais de 1931 nas que resulta elixido aínda que non chega a tomar posesión pola vitoria republicana e inmediata caída de Alfonso XIII. Os anos da República traballa dende a dirección da patronal viguesa, a Federación Gremial Patronal, desempeñan diversos postos na súa directiva.[1]

O 20 de xullo de 1936 toma partido inmediatamente polos sublevados contra a República e integra dende a súa constitución en setembro de 1936 a organización paramilitar viguesa Guardia Cívica de Vigo, responsable dunha importante porcentaxe dos asasinados na cidade ate a súa disolución en maio de 1937.[Cómpre referencia]

En 1963 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, permanecendo no cargo até 1970. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1963-1970). Amais, formou parte de diversas iniciativas económicas, deportivas e sociais. Foi membro da xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación local, conselleiro do Banco de Vigo, censor de contas de Tranvías eléctricos de Vigo, presidente do Centro de Hijos de Vigo, fundador e primeiro presidente do Real Aero Club de Vigo, e directivo do Club de Campo de Vigo.

En 1963 recibiu o Paul Tissandier Diploma de mans da Fédération Aéronautique Internationale pola súa achega á aviación deportiva.

Notas

  1. El Pueblo Gallego. 04/01/1931, 20/02/1932 e 29/03/1933.  Falta o |title= (Axuda)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Prudencio Landín Carrasco
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1963 - 1970
Sucesor:
José Luis Peláez Casalderrey