Xulio Francisco Ogando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xulio Francisco Ogando
Medalla de Galiza.svg
Nacemento11 de decembro de 1913
Lugar de nacementoBeariz
Falecemento1 de abril de 2005
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e mestre
editar datos en Wikidata ]

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e finado en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un profesor, escritor, académico e dirixente galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Petición de informe da Comisión C de Depuración de Enseñanza ao Instituto e resposta deste

Militante das Mocedades Galeguistas na preguerra, estudou Filosofía e Dereito en Santiago, onde en 1931 se incorpora ao Seminario de Estudos Galegos. En 1940 diríxese a Pontevedra para dar clase de lingua e literatura española no instituto de bacharelato, e posteriormente sería destinado a Lugo (1943), Astorga (1949) e Ourense (1954). Nesta cidade, a súa traxectoria docente está vencellada ao instituto feminino, logo chamado Otero Pedrayo por iniciativa do propio Ogando, onde foi catedrático e director, e onde se xubilou en 1983.

Dinamizador da vida cultural ourensá, dedicouse ao estudo da historia local e de Galicia, e a súa posición permitiulle ocupar en 1981 a presidencia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

Foi designado académico correspondente da Real Academia Galega en 1942 e xa en 1980 foi designado académico, a proposta de Sebastián Martínez-Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo e Xosé Trapero Pardo. Formou parte das direccións da Fundación Otero Pedrayo (foi o testamenteiro de Otero Pedrayo) e da Fundación Alexandre Bóveda, e foi membro correspondente da Real Academia da Historia, e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e do Instituto de Coímbra. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994 e a distinción de Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de San Silvestre en 2004.

Está soterrado en Vilafranca do Bierzo, de onde era a súa muller. Cos seus fondos bibliográficos constituíuse a Fundación Casdemiro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Dolor y olvido de López Ferreiro (1939)
  • Tres notas sobre la Historia Compostelana (1943)
  • Catálogo de la Primera Exposición del Libro Lucens (1945)
  • La Biblioteca ideal de un cura mindoniese del siglo XVI (1947)
  • Cuatro grandes juristas orensanos (1960)
  • La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973)
  • Supersticiones mindonienses en las sinodales del Obispo Fr. Antonio de Guevara (1979)
  • Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980)
  • Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997)
  • Otero Pedrayo, orador (2001).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]