Saltar ao contido

Xesús Rodríguez López

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaXesús Rodríguez López

retrato en Vida Gallega (1917) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1859 Editar o valor en Wikidata
Lugo Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1917 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, autor, poeta, dramaturgo, escritor, folclorista, xadrecista, concelleiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTeatro e ensaio Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdela Pedreira Rego Editar o valor en Wikidata
FillosJosé (médico)
Jesús (médico)
Mª Concepción (funcionaria) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 179501 Galiciana: 11396 BNE: XX934516 Bitraga: 1763 BUSC: rodriguez-lopez-xesus-1859-1917 Dialnet: 1742550

Xesús Rodríguez López (tamén Jesús Rodríguez López)[a], nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita —novela, teatro e poesía—, acometeu tamén o ensaio, foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega. De entre as súas obras destacan: A cruz de salgueiro (Lugo, 1899) novela; O Chufón (Lugo, 1915) comedia en dous actos e Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (Lugo, 1895), esta última corrixida e aumentada nunha segunda edición de título Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (Madrid, 1910), moi reeditada posteriormente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xesús naceu no número 22 da Rúa da Tinería. Foi fillo dun xastre chamado Ramón Rodríguez, de San Cibrao da Vide (Monforte de Lemos), e de María Juana López Mourenza, de San Mamede de Lousada, Guntín. En 1874 obtivo o título de bacharel en artes no Instituto de Lugo, e a continuación trasladouse a Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Medicina, acadando por oposición, o 26 de marzo de 1878, unha praza de alumno interno no Hospital Real. Acabou a carreira en 1881 coa cualificación de sobresaínte. Volveu entón para Lugo, exercendo alí a profesión, tendo a consulta no número 19 da Rúa da Raíña, como especialista en cirurxía e enfermidades da infancia, até o seu pasamento o 24 de marzo de 1917. En 1886 a Deputación de Lugo concedeulle unha axuda para viaxar a París cunha moza, Carmen Martínez Bernárdez, á que mordera un can, para estudar o procedemento para curar a rabia. Considéraselle como un precursor no uso dos antibióticos en Galicia.[1] En 1890 foi comisionado polo Gobernador civil de Lugo para loitar contra un andazo de gripe na Fonsagrada.[2]

Colaborou na prensa galega e de ultramar en publicacións como: Las Riberas del Eo (Ribadeo), El Diario de Lugo, Revista Gallega (A Coruña), El Lucense, A Monteira (Lugo), Revista Contemporánea (Madrid), El Eco de Galicia (Buenos Aires), El Álbum Ibero-Americano (Madrid), As Burgas (Ourense) e, principalmente, El Regional (Lugo).[3][4]

Concelleiro municipal

[editar | editar a fonte]

Rodríguez López participou no goberno municipal como concelleiro, no período de 1899 a 1903 e segundo tenente de alcalde en 1902, polo Partido Liberal de Benigno Quiroga Ballesteros. Desa segunda actividade parece que naceu o alcuño "Gambetta", co que era coñecido entre os seus veciños pola semellanza física co político francés Léon Gambetta.[4] Polo demais participaba na vida diaria lucense frecuentando o Círculo das Artes, o Orfeón Galego e a "Juventud Antoniana".[5][6] Era católico practicante, o que valerá para encadrar mellor o incidente xurdido a raíz da publicación de Supersticiones de Galicia.[7]

Liorta coa Igrexa

[editar | editar a fonte]

En 1895 tivo un choque coa Igrexa católica a raíz da publicación de Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia.[8] Rodríguez López presentou a obra a un concurso literario-musical convocado en Monforte de Lemos polos escolapios. Aínda que o traballo non foi admitido por un xurado mediatizado polo bispado, que debía velar pola ortodoxia das obras que se presentasen ao certame,[9] o médico lucense fíxoo publicar no verán dese mesmo ano. O bispado lucense prohibiu a obra aos tres meses de ver a luz, en outubro,[10] mesmo a pesar de contar co informe favorábel do cóengo Antolín López Peláez,[11] home de gran peso intelectual nos medios católicos que había de chegar a arcebispo. Porén, Rodríguez López non se arredou e conseguiu unha entrevista co bispo, Benito Murúa López, e admitindo que os ritos católicos non constituían supersticións logrou obter a autorización eclesiástica para unha segunda edición, en 1910, á vez que o médico reformaba as súas informacións sobre a calidade supersticiosa de certas prácticas relixiosas.[12]

Membro da RAG

[editar | editar a fonte]

Nos avatares da creación da Real Academia Galega, Xesús Rodríguez foi elixido como un dos dous representantes por Lugo (o outro era Indalecio Varela Lenzano) para formar parte da comisión organizativa, que presidía Manuel Murguía, e que redactou os estatutos en 1904. O médico lucense foi un dos corenta académicos numerarios fundadores da institución,[13] da que foi membro ata a súa morte. Nos anos seguintes seguiría a colaborar activamente, viaxando á Coruña en compaña dos restantes membros lucenses, como Manuel Amor Meilán, Aureliano J. Pereira ou Xoán Montes.[14] Este, compositor, puxo música a un poema de Rodríguez López ("Ai, Maruxiña, por Dios dáme un bico").[15]

Faceta menos divulgada é a súa condición de excelente xogador de xadrez, até chegar a figurar como campión de Galicia en 1917.[16]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1899, con corenta anos de idade, casou en Betanzos con Adela Pedreira Rego, filla do avogado liberal Jacobo Pedreira. Tiveron tres fillos: José (médico), Jesús (médico) e María Concepción (funcionaria de facenda).[17]

En 1913 sufriu unha grave doenza pulmonar. O doutor Miguel Gil Casares practicoulle unha toracocentese que o fixo mellorar. Finalmente finou en marzo de 1917, a causa dun cancro de estómago, aos 57 anos de idade.[6]

No ano 2003, María do Carmo Mourelo Gallardo, viúva de César Rodríguez Fernández, neto do escritor, doou o arquivo persoal de Xesús Rodríguez López á Real Academia Galega.[18]

En galego

[editar | editar a fonte]
Non só o lésico, senón tamén o pensamento, e con il a sintase, reproducen o xeito de falar e de discurrir dos campesiños da súa terra. Un labrador que soupera escribir, escribiría como escribíu Rodríguez López.
  • Cousas d'as mulleres (Madrid, 1890). Segundo Carballo Calero mais que outra cousa é unha novela en verso.[19]
  • Costumbres gallegas. A malla (Lugo , 1894), poesía humorística.
  • Cousas das mulleres (segunda edición, Madrid. 1895).[b]
  • Pasaxeiras (Madrid, 1898), colección de poemas.[c]
O proemio escribíuno meu amigo en castelá, falta que se nota do mesmo modo n-algúns títulos e adicaciós das composiciós, y esto, n-un libro que conten versos gallegos, tampouco è de moi bon gusto.
Con personaxes de cativa entidade e cunha prosa escasamente elaborada, A cruz de salgueiro —un texto situábel, ao cabo, en coordenadas semellantes ás de Majina ou a filla espúrea— permanece, non obstante, pola viveza do léxico e das expresións populares e sobre todo como exemplo da incorporación, en idioma galego, dun tipo de narración inseríbel dentro dun xénero, daquela exitoso, de aceptación masiva.
Pena 2014, p. 390
  • Gallegadas, con alegrías de la tierra en verso y en prosa (Madrid, 1908).[e]
Xesús casou con Adela Pedreira e tivo tres fillos, José, Jesús e M.ª Concepción.
  • O Chufón, comedia de costumbres gallegas en dos actos y en prosa (Lugo, 1915).[e] Inspirado nun artigo de José Manuel López Castiñeira.[22][23]
  • El socialista (en manuscrito desde 1914) comedia nun acto, inédita até 1988.[e][22]

En castelán

[editar | editar a fonte]

Publicou nesta lingua algunha obra profesional de tipo divulgativo e ensaios:

  • "Estudio psicológico acerca de la mujer lucense" (Lugo, 1891).[24]
  • Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (Lugo, 1895).
  • Las preocupaciones en Medicina: Conocimientos útiles a la familia[f] (Lugo, 1896), obra que sería premiada nun congreso médico en Madrid.
  • "Defensa de las feas" (Madrid, 1898).[25]
  • Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (segunda edición corrixida e aumentada, Madrid, 1910). Reeditada posteriormente en varias ocasións.[26][27]

Biblioteca virtual

[editar | editar a fonte]
  1. Asinou algunhas das súas obras como "Xesús" e outras como "Jesús". Véxanse na sección "Biblioteca virtual".
  2. 1 2 Con prólogo de Leopoldo Pedreira Taibo, debuxos de L. Hernández e fotogravados de Laporta.
  3. 1 2 Con portada de Manuel Martínez Fole.
  4. 1 2 Despois incluída na Biblioteca das Letras Galegas.
  5. 1 2 3 4 5 En galego, aínda que o título e outras partes están en castelán.
  6. 1 2 Subtitulada: Reglas para conservar la salud, para no dejarse engañar por los curanderos y para conocer a los médicos.
Notas
  1. Abel Vilela 2017.
  2. Calvo López, Manuel (22/4/2017). "A xuventude de Jesús Rodríguez López". La Voz de Galicia.
  3. Hermida 1995, pp. 87-89, que cita traballos de X.R.L. en Galicia; Revista Gallega; El Eco de Galicia, El Regional, Galicia Moderna, A Monteira e As Burgas.
  4. 1 2 Abel Vilela, Adolfo de. "Jesús Rodríguez López" (en castelán). Real Academia de la Historia.
  5. Para estes detalles, cfr. a introdución de Florentino Uriarte Basadre para A cruz de salgueiro. Biblioteca das Letras Galegas. Vigo: Xerais. 1994. pp. 11–12. ISBN 84-7507-795-1.
  6. 1 2 Calvo López, Manuel (22/04/2017). "Rodríguez López ocupou máis de 40 cargos". La Voz de Galicia.
  7. Calvo López, Manuel (11/4/2017). "A vida de Rodríguez López no transcorrer dos anos". La Voz de Galicia.
  8. "Jesús Rodríguez López e as 'supersticiones de Galicia'" (16/5/2013). Real Academia Galega.
  9. Cfr. X. Rodríguez López, Prólogo á 2ª edición de Supersticiones de Galicia, 1910.
  10. Boletín Oficial Eclesiástico del Obispado de Lugo, 9-10-1895 p. 1-2 (en castelán).
  11. Alonso Montero, Xesús. "Unas palabras sobre el escritor Jesús Rodríguez López (1859-1917)", prólogo á 5ª edición de Supersticiones de Galicia.
  12. X. Rodríguez López, ibídem.
  13. Carballo Calero 1975, p. 138.
  14. Uriarte, op. cit., páx. 12.
  15. Carballo Calero 1975, p. 142.
  16. Florentino Uriarte indica que foi campión de Galicia, ibídem, páx. 12, sen indicar fonte; esta podería remitir a José Paluzíe y Lucena, Primer libro del ajedrecista. Barcelona. Hijos de Paluzíe, S. en C., Editores. 1921 (por unha advertencia preliminar infírese que houbo unha edición anterior en 1917), quen na páx. 203, indicando xadrecistas salientes de España di, sen engadir máis: "Jesús Rodríguez López, de Lugo, campeón de Galicia", e só cita outro xogador galego, o coruñés Pedro Morodo. Prudentemente, o artigo Xadrez da Gran Enciclopedia Gallega, que lembra a ambos, evita citalo como campión galego, porque formalmente non os houbo até anos máis tarde, o que non empece que o lugués gañase algún certame galego relevante, que o levase a ser proclamado campión oficioso; de feito Paluzíe cita casos semellantes noutras cidades.
  17. Calvo López, Manuel (12/7/2017). "Las vivencias de un autor comprometido". La Voz de Galicia.
  18. Arquivo da Real Academia Galega. Fondos persoais. Xesús Rodríguez López en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.
  19. 1 2 Carballo Calero 1975, p. 441.
  20. 1 2 Orsino (pseudónimo de Galo Salinas) (10/7/1898). "Críticas: Pasaxeiras". Revista Gallega. p. 6.
  21. Galicia. Revista Regional, setembro de 1892, p. 175
  22. 1 2 3 Herrero Figueroa & Marco 1988.
  23. Calvo López, Manuel (13/8/2017). "«O Chufón», obra literaria capital". La Voz de Galicia.
  24. Revista Contemporánea tomo LXXXIV volume III (15/11/1891), pp. 225-233 e tamén en El Regional (18/11/1891 e 19/11/1891)
  25. El Regional, 6/3/1898, artigo tomado da súa publicación en El Álbum Ibero-Americano (Madrid, 14/2/1898, pp. 64-65).
  26. 1 2 Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares na Biblioteca Nacional de España.
  27. Fraguas, Antón (1970). "Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, por Jesús Rodríguez López". Grial (Galaxia) (29): 369–370.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]