Andrés Fernández-Albalat Lois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Fernández-Albalat Lois
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento23 de xuño de 1924
 A Coruña
Falecemento29 de decembro de 2019
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Ocupaciónarquitecto
Fillossete: "Fernández-Albalat Ruíz"
(2 deles arquitectos)
Coñecido porEstadio Municipal "Verónica Boquete" de San Lázaro e Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
InfluenciasLudwig Mies van der Rohe
Alvar Aalto
Oscar Niemeyer
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 2019,[1] foi un arquitecto galego,[2] recoñecido como a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega da segunda metade do século XX. A súa obra, funcionalista, relacionase coa de Ludwig Mies van der Rohe.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marineda Motor na Avda. Alfonso Molina da Coruña.

Fillo dun enxeñeiro militar, fixo o bacharelato na súa cidade natal. Estudou dous anos de violín. Fixo dous cursos de Ciencias Exactas en Santiago de Compostela. En 1955, cunha bolsa de estudos de artes plásticas, facendo acuarelas, viaxou por Italia, percorrendo Venecia, Roma, Florencia e Asís. Preparou o ingreso na universidade no Colexio Maior Ximénez de Cisneros, onde coincidiu con Eduardo Chillida. Doutorouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), onde coñeceu a Miguel Fisac, Ramón Vázquez Molezún, José Antonio Corrales, Carlos Meijide, Alberto Noguerol, Javier Carvajal Ferrer e Rafael de La-Hoz Arderius.[4] Foi profesor emérito da Universidade da Coruña, onde exerceu como docente dende 1978.[5] Ditou cursos de doutoramento e seminarios sobre: "Hecho Proyectual, Relaciones de las Bellas Artes y la Arquitectura" e "Construcción, Arquitectura, Música" en España e Brasil.

Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1977).[6] En 1999 foi escollido académico de número da Real Academia Galega, pronunciando o discurso "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura", que foi respondido por Carlos Casares.[7] Así mesmo, foi tesoureiro da mesma institución de finais de 2001 a finais de 2009.[8] Foi membro da Real Academia Galega de Ciencias, académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes[9] e académico de número e supernumerario da Real Academia de Doutores de España, na que ingresou co discurso "Música y arquitectura".[10] Tamén académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, membro e presidente de honra do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, no que ingresou en 1968 co discurso "La ciudad de las rías",[11] membro do padroado do Museo do Pobo Galego e membro do Padroado Rosalía de Castro.

Estadio de San Lázaro.

O seu gran proxecto: A Cidade das Rías[editar | editar a fonte]

No ano 1968, Fernández-Albalat presenta á Deputación da Coruña un proxecto para a organización urbana entre as cidades da Coruña e de Ferrol, posto que os estudos daquela prognosticaban que A Coruña chegaría ao millón de habitantes para o ano 2000. Por iso a arquitecto coruñés ideou unha sorte de área metropolitana Coruña-Ferrol, algo moi avanzado para a época. O proxecto consistía en que, ao non ter A Coruña espazo para a súa expansión dentro dos seus termos municipais, e dado o extraordinario crecemento demográfico e industrial de Ferrol, a idea era facer unha cidade entre ambas zonas urbanas, arredor da ría de Betanzos e da ría de Ares, nos concellos de Sada, Bergondo, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene e Ares, unindo cunha ponte Sada e Pontedeume, facendo unha estrada directa que fora de Ferrol á Coruña. A nova cidade, nomeada polo arquitecto como 'Cidade das Rías', ía contar cunha poboación de 600.000 habitantes, distribuídos en zonas de 25.000 habitantes e estas en tres barrios cada unha duns 8.000 habitantes. Os barrios e zonas (unión de tres barrios) contarían có básico, tendas, supermercado, escola e instituto, igrexa, polideportivo, etc.; é dicir, Albalat non busca crear unha cidade xardín para A Coruña e Ferrol, senón unir ámbalas dúas urbes mediante un tecido urbano completo, respectuoso coa natureza e o contorno e localizado nos mellores puntos xeográficos para a súa comodidade e eficiencia. A Deputación da Coruña rapidamente fixo caso ao proxecto coa intención de poñelo en marcha, máis finalmente non obtivo o apoio das corporacións municipais, en concreto a do Concello de Ferrol, o que vía con moita reticencia ese proxecto ao pensar que sería quedar subordinados á cidade da Coruña e perder a súa autonomía e identidade, postura apoiada polo crecemento demográfico e industrial ferrolán que parecía non decaer, así que a Deputación deixouno no caixón sen facerlle caso.

Obras[editar | editar a fonte]

Fábrica de Begano en Penarredonda, A Coruña.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla Castelao en 1994.
  • Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en 2007.[19]
  • Premio ARQano en 2008 dos Colexios de Arquitectos do Noroeste á traxectoria profesional.[20]
  • Premio 2012 á traxectoria profesional do COAG.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Menéndez, Nacho G. (29/12/2019). "Fallece a los 95 años el arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat". El Progreso (en castelán). Consultado o 30/12/2019. 
  2. "Wiki Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña.". Arquivado dende o orixinal o 05/03/2011. Consultado o 21/3/2010. 
  3. Enciclopedia Galega Universal.
  4. Amado Lorenzo 2012.
  5. Colegio Libre de Eméritos Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
  6. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  7. "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura "
  8. Real Academia Galega
  9. Relación de académicos Real Academia Galega de Belas Artes.
  10. Real Academia de Doutores de España (en castelán).
  11. Membros de honra Arquivado 30 de decembro de 2019 en Wayback Machine. Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
  12. 12,0 12,1 Proyectos de estructuras 1. Grupo 9 (en castelán).
  13. Fernández-Albalat, Andrés (xuño de 2008). Arquitectura y oficio (en castelán). Universidade de Navarra. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 14,8 14,9 "Andrés Fernández-Albalat Lois" (blog). Arquitectura de Galicia. Consultado o 7/5/2017. 
  15. A historia da Casa Fundación Rosalía de Castro.
  16. "Historia - La Sociedad de Sada". www.lasociedad-sada.org. Arquivado dende o orixinal o 30/10/2016. Consultado o 7/5/2017. 
  17. "Centro de Servizos Informáticos de Abanca" en Turismo.gal.
  18. "Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside" en Turismo.gal.
  19. Andrés Fernández Albalat recibió Medalla de Oro de la Universidad de Coruña Arquivado 05/03/2011, en Wayback Machine., outubro de 2007, ArquitecturaHoy.com (en castelán).
  20. Los arquitectos premian al coruñés Fernández Albalat por su carrera, 14/2/2008, La Opinión A Coruña (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]