Eugenio Fadrique González
Eugenio Fadrique González | |
---|---|
Nacemento | 1879 |
Falecemento | 1971 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Empresario |
Cónxuxe | Josefa del Río Gutiérrez |
Fillos | Eugenio Fadrique del Río, entre outros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugenio Fadrique González, nado en 1879 e finado en Vigo en 1971, foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou en 1906 a compañía La Artística, especializada en actividades de pintura e impresión de latas para conservas. Foi inicialmente unha pequena empresa familiar que servía ao mercado local. En 1920 producía entre 30.000 e 35.000 caixas de folla de lata e empregaba a unha trintena de operarios. Producía tamén azulexos de zinc e tabais de lata, que substituían aos antigos barrís de madeira para sardiña prensada. Nos anos setenta os seus negocios abarcaban os Talleres Mecánicos Alonarti e a litografía Artiscar en Vigo, Idalsa, especialista en derivados de aluminio en Madrid, e A Artística de Valença do Minho.
Presidiu o Depósito Franco, precedente da actual Zona Franca. Foi socio de honra do Círculo Mercantil e presidente da Cámara de Comercio (1931-1945). Dedicouse a tarefas de beneficencia, como directivo da Casa de Caridade, e exerceu como conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo. Tamén foi o representante da Asociación Metalgráfica Española.
Participou na política a través da Liga de Defensores de Vigo, pola que foi elixido concelleiro en varias ocasiones, e foi tenente alcalde na Corporación presidida por Adolfo Gregorio Espino durante a ditadura de Primo de Rivera.
Afeccionado á fotografía, polo que recibiu algún premio, filmou unha película con José Gil.
Casou en 1909 con Josefa del Río e foi pai de Eugenio Fadrique del Río.
O concello de Vigo adicoulle o nome dunha praza, ornamentada cunha escultura metálica de Steinbrüggen.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de Seis poemas galegos". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 25/02/2019.
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 127. ISBN 84-87379-47-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- GIRÁLDEZ RIVERO, Xesús (2009). "Eugenio Fadrique González, 1879-1971. A capacidade para os negocios", en CARMONA BADÍA, Xoán (coord.), Empresarios de Galicia 2. A Coruña: CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 335–361. ISBN 978-84-96982-37-6. Arquivado dende o orixinal o 03/12/2013. Consultado o 01/12/2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Presidencia de Eugenio Fadrique Cámara de Comercio de Vigo.
- "Empresario de éxito y hombre bueno a carta cabal" Faro de Vigo (en castelán).