Ramón López de Vicuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón López de Vicuña
Nacemento14 de novembro de 1852
 Manila
Falecemento14 de febreiro de 1909
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909,[1] foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito civil e canónico e doutor en Filosofía e letras. Catedrático de Geografía e Historia no Instituto da Coruña e a partir de 1907 no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, foi concelleiro da Coruña, correspondente da Real Academia de la Historia e un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.[2]

Colaborou en Revista Contemporánea, Revista de España, Revista Crítica de Historia y Literatura, Galicia Diplomática e a Galicia (Revista Regional) de Andrés Martínez Salazar.[3]

Foi un admirador e divulgador do románico galego.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou con destino ao ensino obras que acadarían varias edicións.

  • Curso de Historia Universal, 1880.
  • Curso elemental de Geografía, 1892.
  • Curso elemental de Historia de España, 1893.[4][5]
  • Curso elemental de Geografía descriptiva, 1901.
  • Curso de Geografia especial de España, 1906.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]