Manuel Gómez Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Gómez Román, retrato en Vida Gallega, 1910.

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cunha fonda afección dende neno pola pedra labrada, comeza en Madrid a carreira de arquitecto pero logo abandónaa en 1896 incitado polo seu temperamento bohemio, artístico e rebelde, que lle leva a enfrontarse cun profesor.

Durante estes anos dedícase á construción e a dar clase de debuxo nunha academia fundada por el. En 1914 retoma a carreira de Arquitectura, empurrado fundamentalmente polo seu amigo e mentor Antonio Palacios Ramilo, e conclúena en 1917, con 41 anos de idade.

Mais nesa época xa ten unha considerable obra, firmada acotío por compañeiros como Luis Vidal e Guasón, Manuel Felipe Quintana ou Jenaro de la Fuente. De esta etapa son os Almacéns Simeón, a casa para Enrique Mülder, a Casa do Pobo para o sindicato UGT ou a casa para Saturnino García.

Pouco a pouco a obra de Gómez Román vai derivando deica o galeguismo arquitectónico, dada a súa fidelidade aos materiais e estilos do país. Durante estes años realiza innumerábeis bosquexos, sobre todo para a Exposición Internacional da Pesca, que se ía celebrar en Vigo e que finalmente vese malograda.

Nos anos trinta entra en política, aspirando á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular e chegando incluso a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista.

Trala guerra civil é nomeado Vicepresidente da Editorial Galaxia e tamén Vicepresidente da Fundación Penzol. En 1951 ingresa na Real Academia Galega e promove xunto con Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo a conmemoración do Día das Letras Galegas.

A súa obra arquitectónica enténdese por mais de dúas mil obras en diferentes cidades galegas. Colaborou tamén con debuxos artísticos e caricaturas na prensa galega e ademais publicou diversos traballos sobre as características da arquitectura galega.

Arquitectura e características[editar | editar a fonte]

A súa opinión arquitectónica céntrase nos seguintes puntos:

  • A centralidade de Compostela como norma no aspecto artístico, xa que a basílica compostelá resume as manifestacións culturais, resolve problemas construtivos e compendia expresións iconográficas.
  • A esixencia dunha Escola de Arquitectura en Santiago de Compostela, cun plano de estudos no que se esixise un coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto.
  • Aínda que o seu acento se atope rexamente ligado ó pasado, pretendía actualizar e chegar á modernidade cun sinal propio de identidade.
  • O aproveitamento dos abondosos materiais nobre que ofrece a terra galega, así coma das condicións de acertada pericia da man de obra (especialmente de canteiros), figura que pretendía recuperar e situar no lugar que lles corresponde.
  • Completar os estudos que se teñen feito da propia arquitectura galega para incorporarse á modernidade da nova arquitectura sen necesidade dun mimetismo que consideraba evitable.

Obra[editar | editar a fonte]

Casa de Saturnino García.

Vigo[editar | editar a fonte]

  • Proxecto para os Almacenes Simeón (1906).
  • Casa para Enrique Mülder (1910).
  • Monumento a Concepción Arenal no Cemiterio de Pereiró (1910-12).
  • Casa do Pobo para o sindicato UGT (1911).
  • Casa para Saturnino García, na praza de Compostela nº 31, 32 e 33, con esquina a García Olloqui (1912).
  • Sede do Banco de Vigo (hoxe sede do Banco Pastor), no cruzamento das rúas Colón e Policarpo Sanz (1919-23).
  • Edificio de Vivendas para Severino G. Besada e a Casa de Correos e Telégrafos, na praza de Compostela (1920).
  • Edificio de vivendas para Manuel Millán, na rúa Lepanto (1921).
  • Proxecto de edificio José Pastoriza, no Paseo de Alfonso XII (1922).
  • Panificadora de Vigo (1923).
  • Vivendas para Vicente Coma, na rúa Urzaiz (1923).
  • Antigo Edificio da Caixa de Aforros, (hoxe Club de Xubilados de Caixanova), na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno (1924).
  • Chalé para Giménez Cuenca.[2]
  • Proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construción do segundo do Círculo Mercantil (1926).
  • Fábrica de conservas Bernardo Alfageme (1929).
  • Chalé Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4 (1931).
  • Edificio de vivendas de Pi i Margall, nº 119 e o edificio Arbones Vila, situado na rúa Murillo, nº 5 (1942).
  • Proxecto de Ermida da Guía (1951).

Lugo[editar | editar a fonte]

Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

  • Edificio de vivendas con torreón en Concepción Arenal, 9 (1929).

Noutros lugares[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Edificio Simeón, 1906, na Porta do Sol de Vigo.  
Edificio Mülder, 1910, na rúa de Montero Ríos de Vigo.  
Vivendas para Vicente Coma, Urzáiz 7, 1923.  
Casa de Domingo Davila, 1942, hoxe Hotel Nagari*****  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Gómez Román Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]