Xosé García Barbón
Xosé García Barbón | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Manuel García-Barbón Sola |
Nacemento | 30 de marzo de 1831 |
Lugar de nacemento | Verín |
Falecemento | 7 de marzo de 1908 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909[1] , foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia rica, e de novo emigrou a Cuba, onde alcanzou o éxito nos negocios, abrindo o seu propio banco. Alí coñeceu a outro inmigrante e empresario, galego, Policarpo Sanz, co que mantivo unha grande amizade toda a súa vida. Xuntos tomaron a iniciativa da sociedade de Beneficencia Natural de Galicia e do Centro Galego da Habana. A escritora María Xosé Queizán acúsao na novela Amor de tango (1992) de actividades negreiras e de trata de brancas.
Con 53 anos de idade, decidiu regresar a Galicia por razóns médicas. Despois de dez anos decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e catro sobriños, xa que permaneceu solteiro. Alí, comezou a mercar propiedades para construír grandes edificios como o Teatro Rosalía de Castro[2] ou a Escola de Artes e Oficios, e Caridade. En 1907 fundou o balneario de Cabreiroá.
Viviu no seu pazo na Facenda Vista Alegre (situado ao lado da actual Avenida García Barbón, en Vigo), ata a súa morte en 1909[3] .
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pérez Leira, L.. "Xosé Manuel García Barbón". Enciclopedia da emigración galega.
- ↑ O teatro Rosalía de Castro de Vigo ardería en 1910. Sobre as súas cinzas edificouse o Teatro García Barbón, hoxe Centro Cultural Afundación.
- ↑ Julio Alonso (3 de febreiro de 2020). "Finca Vista Alegre, en el recuerdo de Vigo". Vigo é.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé García Barbón |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "GARCÍA-BARBÓN SOLA, José Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.