Alfonso Álvarez Cáccamo
Alfonso Álvarez Cáccamo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de outubro de 1952 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Pai | Xosé María Álvarez Blázquez |
Fillos | María, Xavier e Manuel |
Irmáns | Xosé María Álvarez Cáccamo, Berta Álvarez Cáccamo e Celso Álvarez Cáccamo |
Xéneros | Narrativa, poesía |
Coñecido/a por | Peito de vimbio, Xente de mala morte, O espírito de Broustenac e O bosque de Levas |
Estudos | Filosofía e Maxisterio |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor e profesor galego.[1][2][3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego) e irmán de Berta, Xose María e Celso Álvarez Cáccamo, fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Exerceu de profesor en Panxón (Nigrán) ata a súa xubilación en 2011.[5] É membro da Fundación Álvaro Cunqueiro, da Fundación Inés Ollero e do Instituto de Estudos Miñoranos. Ten escrito preto de 200 artigos na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra. Participou en diversas exposicións colectivas de pintura. É membro do Consello de Redacción da revista humorística "Xo!" e da revista "Gallaecia Norte-Sur".[6]
Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa ten recibido múltiples premios como o Premio de Novela "Café de Catro a Catro" (1988), Xerais de novela (1990), "Galaico-Leonés de Relatos" (1990), "Álvaro Cunqueiro de Narrativa" (1993), Manuel García Barros de novela (1996), Modesto R. Figueiredo (1997) e Manuel Murguía de narracións breves (1998).
Obra[editar | editar a fonte]
Novela[editar | editar a fonte]
- Peito de vimbio (1988). Xerais. 96 páxs.
- As baleas de Eduardo Reinoso (1990). Xerais.[7] 160 páxs.
- O espírito de Broustenac (1996). Xerais. 16o páxs. Foi traducida ao castelán.[8]
- O bosque de Levas (2002). Galaxia. 228 páxs.
- A revolución dos globos (2008). Galaxia, Costa Oeste. 296 páxs.
- O destino de Clarescura Lens (2012). Biblos Clube de Lectores. 88 páxs.
- Os Gotten (2014). Xerais. 112 páxs.[9] ePub: ISBN 978-84-9914-247-0.
Relatos[editar | editar a fonte]
- Castromil e unha noites (1992). Contos do Castromil.
- O eco de Ramallón (1992). Ir Indo. 108 páxs.
- Xente de mala morte (1993). Galaxia. 128 páxs.
- Catapulta (1995). Xerais. 112 páxs.
- Contos mamíferos (1998). Ed. do Cumio. 94 páxs.
Poesía[editar | editar a fonte]
- Na flor do vento (1999). Espiral Maior. 53 páxs.
- Sebes contra o vento (2009). Espiral Maior. 47 páxs.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Xosé Mª Álvarez Blázquez (1994). Ir Indo. 64 páxs.
- X. M. Álvarez Blázquez, 1915-1985: unha fotobiografía (2008). Xerais. 184 páxs.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Voz e voto, 1991, Padroado Curros Enríquez.
- Contos de nunca acabar, 1995, Aba Edicións.
- Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
- Abrir Vigo ó mar, 1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo, canda Casares, Garrido, Fernández del Riego, Fernández Freixanes et al..
- E dixo o corvo, 1997, Xunta de Galicia.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- Sede central-3. Relatos, 1997, Clube Cultural Adiante.
- Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997), 1999, Edicións do Castro.
- Escolma de familia, 2000, Xerais.
- Tecendo panos, 2000, Laiovento.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Poemas ao pai, 2008, Espiral Maior.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Na vila hai caras novas de Xosé María Álvarez Blázquez (1993). Ir Indo.
- Enchen as augas de Xosé María Álvarez Blázquez (1995). Ir Indo.
Premios[editar | editar a fonte]
- 1° Premio do XVIII Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1985, por Hestoria de Fertolpo.
- 2° Premio do XIX Concurso Nacional de Contos Infantís da Agrupación Cultural O Facho en 1986, por A sopa de pedras.
- Premio de Novela Café de Catro a Catro en 1988 por Peito de vimbio.
- Premio Xerais de novela en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso.
- Premio Galaico-Leonés de Relatos en 1990.
- Premio á Comunicación do Museo do Humor de Fene en 1991.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa en 1993 por Xente de mala morte.
- Premio Manuel García Barros de novela en 1996 por O espírito de Broustenac.
- 2° Premio do Premio Modesto R. Figueiredo en 1997 por A meritoria cortesía de Edón de Cidalia.
- Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve do Concello de Arteixo en 1998 por Canis fugit.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "Alfonso Álvarez Cáccamo". www.aelg.gal. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "Alfonso Álvarez Cáccamo". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ "Alfonso Álvarez Cáccamo" (en castelán). 2020-04-06.
- ↑ "Alfonso Álvarez Cáccamo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-25.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "El espíritu de Broustenac". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-25.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Álvarez Cáccamo ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 26. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.