Antonio María Rouco Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio María Rouco Varela
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1936 (87 anos) en Vilalba, Lugo
Alma máterUniversidade Pontifica de Salamanca
Universidade de Múnic
Ordes
Ordenación sacerdotal28 de marzo de 1959, por Francisco Barbado
Consagración episcopal31 de outubro de 1976, por Ángel Suquía
Creado cardeal21 de febreiro de 1998, por Xoán Paulo II
Arcebispo de Madrid
Cardeal-Presbítero de S. Lorenzo in Damaso
1994 - 2014
PredecesorÁngel Suquía
SucesorCarlos Osoro
Cargos anterioresArcebispo de Santiago de Compostela (1984-1994)
Bispo titular de Gergis (1976-1984)
Outros

Escudo de Antonio María Rouco Varela
In Ecclesiae comunione
Ficha en catholic-hierarchy.org

Antonio María Rouco Varela, nado en Vilalba o 24 de agosto de 1936, é un cardeal da Igrexa católica, arcebispo emérito de Madrid, e expresidente da Conferencia Episcopal Española. É tamén membro da Real Academia de Doutores de España dende 2008.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Vicente Rouco, era da parroquia do Burgo (Lugo), e a súa nai, María Eugenia Varela, era de Bahía Blanca (Arxentina). Rouco Varela quedou orfo de pai aos sete anos, e a súa nai faleceu de ELA quince anos despois.[3] Rouco Varela ten cinco irmáns: Manuel, Eugenia, Vicente, José e Visitación.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca entre 1954 e 1958. Foi ordenado sacerdote en 1959, e nese ano empezou a estudar leis e teoloxía na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1964 cunha tese sobre as relacións entre a Igrexa e o Estado no século XVI.

Bispo[editar | editar a fonte]

En 1976 foi designado bispo titular de Gergi e bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Cando o arcebispo Suquía foi nomeado arcebispo de Madrid, ascendeu Rouco Varela á mitra arcebispal en 1984. Foi unha peza chave en diversos eventos organizados na cidade, entre elas a segunda visita dun papa a Galiza, que tivo lugar o 19 de agosto de 1989. En 1994, logo dunha década á cabeza da igrexa galega, foi nomeado arcebispo de Madrid. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española entre 1999 e 2005, e logo dun mandato de Ricardo Blázquez volveu ocupar esa posición.

Está considerado un membro do sector conservador da Igrexa católica.[5]

Cardeal[editar | editar a fonte]

O papa Xoán Paulo II nomeouno cardeal no consistorio do 21 de febreiro de 1998. Á morte deste papa, Rouco Varela foi un dos cardeais electores que participaron no conclave de 2005, onde foi designado Bieito XVI como novo máximo pontífice.

Renuncia e retiro[editar | editar a fonte]

En agosto de 2011, no transcurso da Xornada Mundial da Xuventude celebrada en Madrid, o arcebispo presentou a súa renuncia ao papa, seguindo as normas canónicas que mandan que os bispos presenten a súa renuncia á Santa Sé ao chegar aos 75 anos. O 28 de agosto de 2014 o papa Francisco aceptou a renuncia do cardeal Rouco Varela á arquidiocese metropolitana de Madrid, nomeando como sucesor ao entón arcebispo de Valencia Carlos Osoro.[6]

Críticas[editar | editar a fonte]

En 2007, o arcebispado de Madrid que el dirixía foi condenado como responsable civil subsidiario por un caso de abusos continuados a un menor perpetrados por un sacerdote desa diocese. A condena consideraba probado que tanto a persoa de Rouco Varela como o arcebispado coñecían os feitos e os ocultaron.[7][8].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Staat und Kirche im Spanien des 16. Jahrhunderts. Múnic: Max Huber Verlag. 1965. 
  • Sacramento e diritto: antinomia nella chiesa?: Riflessioni per una teologia del diritto canonico. Dialogo tra Antonio Rouco Varela e Eugenio Corecco. Xunto con Eugenio Corecco. Milán: Jaca Book. 1971. 
  • España y la Iglesia Católica. Planeta. 2006. 
  • La concepción católica del matrimonio y de la familia, su renovada actualidad. Publicaciones de la Facultad de Teología "San Dámaso". 2007. 
  • La educación para la ciudadanía: reflexiones para la valoración jurídica y ética de una nueva asignatura en el sistema escolar español. Publicaciones de la Facultad de Teología "San Dámaso". 2007. 
  • La novedad y la necesidad eclesial de la fundamentación teológica del Derecho Canónico. Ed. Univ. San Dámaso. 2013. 

Sucesión apostólica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sucesión apostólica.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ángel Suquía
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
abril de 1983 - xullo de 1994
Sucesor:
Julián Barrio
Predecesor:
Ángel Suquía
 Arcebispo de Madrid 
xullo de 1994 - 28 de agosto de 2014
Sucesor:
Carlos Osoro
Predecesor:
Elías Yanes
 Presidente da Conferencia Episcopal Española 
1999 - 2005
Sucesor:
Ricardo Blázquez
Predecesor:
Ricardo Blázquez
 Presidente da Conferencia Episcopal Española 
2008 - 2014
Sucesor:
Ricardo Blázquez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia de Doutores de España (ed.). "Rouco Varela, Antonio María (Académico de Número)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2014. 
  2. Facultade de Teoloxía San Dámaso, ed. (2008). Las relaciones Iglesia y Estado: perspectivas actuales. Disertación del Emmo. y Rvdmo. Sr. Cardenal-Arzobispo de Madrid, D. Antonio María Rouco Varela, ingreso en la Real Academia de Doctores : Madrid, 25 de junio de 2008. ISBN 9788496318649. 
  3. José Manuel Vidal: “Rouco Varela ha sabido conservar muy pocos amigos”, en El Confidencial, 7 de setembro de 2014 (en castelán).
  4. Serrano Oceja, J. F. (2014): Rouco Varela El cardenal de la libertad. Ed. Planeta.
  5. El conservador Rouco vuelve a la presidencia de los obispos españoles, El País, 04.03.08
  6. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (28/08/2014). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 
  7. O Arcebispado de Madrid, responsable subsidiario nun caso de abusos sexuais continuados a un neno de 12 anos.
  8. Condenan a dous anos de prisión a un sacerdote que abusou dun neno durante tres anos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Serrano, José Francisco (2014). Rouco Varela, el cardenal de la libertad. Planeta. ISBN 9788408130765.