Xosé Trapero Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Trapero Pardo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento 29 de setembro de 1900
Lugar Castro de Rei Galicia Galicia
Falecemento 10 de outubro de 1995 (95 anos)
Lugar Lugo Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación xornalista
Xéneros narrativa, poesía, teatro e ensaio
Premios Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, pero non chegou a exercer. Como xornalista, dirixiu ou traballou nos semanarios Acción Social, Justicia, Renovación, Vallibria (fundado por el en Mondoñedo), Lucus e Heraldo de Vivero. Tamén dirixiu o boletín do Concello de Lugo e os xornais La Voz de la Verdad e El Progreso de Lugo, sendo este último onde se xubilou en 1972.

Foi cronista oficial de Lugo, director do Museo Provincial de Lugo, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e numerario da Real Academia Galega, onde ingresou o 5 de xuño de 1971, apadriñado por Álvaro Cunqueiro. cun discurso dedicado ao seu finado amigo Antonio Noriega Varela. O instituto da súa localidade natal, Castro de Ribeiras de Lea, leva o seu nome.

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais de numerosos artigos en todos os periódicos nos que traballou, Trapero Pardo tirou do prelo estas obras:

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A ponte do Porco. Lexenda tráxica (1931).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Lóstregos e moxenas (1926), poemario no que por primeira vez escribe en galego.

Libreto de zarzuela[editar | editar a fonte]

Artigos xornalísticos[editar | editar a fonte]

  • ...E Pelúdez dixo (1984), recompilación de varios artigos do personaxe Pelúdez publicados en El Progreso.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925).
  • Cien años de vida local (1978).
  • Lugo y poblaciones próximas. Itinerarios turísticos (1978).
  • Pintura mural de Galicia (1978).
  • Lugo: Antiguas fortalezas (1980).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • La venganza de Salgado (1931).

Pelúdez[editar | editar a fonte]

Escultura en Lugo de Pelúdez e familia

Trapero Pardo continuou redactando as historias de Pelúdez, que fora creado por Antonio de Cora Sabater. Pelúdez é un personaxe, creado nas páxinas do xornal El Progreso, que cada ano vén da aldea a Lugo para participar nas festas do patrón, San Froilán, que se celebran do 4 ao 12 de outubro. Durante eses días, reflexiona sobre o que ocorre nas festas e tamén sobre outros temas de actualidade. Baixo o pseudónimo Trapacero, Trapero Pardo ocupouse de recrear a Pelúdez dende 1939 ata despois da súa xubilación, dándolle unha retranca e un humor chairego que o fixeron moi popular. Coa súa escrita, logrou que Pelúdez, nado nas páxinas dun xornal, se convertera en todo un símbolo popular das festas maiores de Lugo, que mesmo ten unha estatua a carón da muralla romana.

A morte de Trapero produciuse precisamente en plenas festas de San Froilán, feito polo que o xornal e quen tomou o relevo do personaxe, Xosé de Cora, adicáronlle unha serie de artigos recompilados posteriormente no libriño "Pelúdez despide a Trapacero" (1995).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]