María Cristina de Habsburgo-Lorena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Cristina de Habsburgo-Lorena[1]
Raíña consorte de España e raíña rexente do Reino.
María Cristina de Habsburgo-Lorena.jpg

29 de novembro de 1879
25 de novembro de 1885
Predecesor María das Mercedes de Orleans
Sucesor Vitoria Euxenia de Battenberg

26 de novembro de 1885
17 de maio de 1902
Predecesor Afonso XII
Sucesor Afonso XIII

Nome completo María Cristina Desiré Enriqueta Felicidad Raniera de Habsburgo-Lorena
Nacemento 21 de xullo de 1858
Castillo Židlochovice,
Groß Seelowitz, Brno, Moravia, Flag of the Habsburg Monarchy.svg Imperio austríaco
Falecemento 6 de febreiro de 1929
(70 años)
Palacio Real de Madrid,
Madrid, España España
Cónxuxe/s Afonso XII (18791885)
Descendencia
Casa Real Casa de Habsburgo-Lorena
Himno real Marcha Real
Pai Carlos Fernando de Austria
Nai Isabel Francisca de Austria

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia, o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, foi unha nobre, arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría e Bohemia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisnieta de Leopoldo II de Austria.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla do arquiduque Carlos Fernando de Austria e da arquiduquesa Isabel Francisca de Austria. Foi sobriña dos emperadores de Austria e de México: Francisco Xosé e Maximiliano I, e segunda esposa do rei Afonso XII de España. Exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo, o rei Afonso XIII desde 1885 ata 1902. Gobernou España durante a Guerra Hispano-Estadounidense, en cal o país perdeu as últimas posesións do seu imperio colonial.

En 1879 converteuse na segunda esposa do rei Afonso XII, tras enviudar este de María de las Mercedes. Non conxeniou moi ben co extravertido monarca por mor do seu carácter tímido e tranquilo, aínda que ao final sentíu a súa perda. Dado que cando faleceu o soberano (1885) achábase embarazada dun fillo que nacería póstumo tivo que asumir a rexencia. Meses máis tarde naceu o futuro Afonso XIII, quen se converteu na gran esperanza para o trono español. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por Sagasta, con quen acabaría trabando unha estreita amizade. María Cristina guiouse pola sensatez e o equilibrio nos seus dezasete anos de rexencia. Tivo por confesor a José Fernández Montaña, ao cal lle encargou a educación de Afonso XIII como preceptor. Pouco logo da morte do rei Afonso XII, co obxectivo de evitar os erros que deron lugar á crise do reinado de Isabel II, chegouse ao Pacto do Pardo: Un acordo subscrito por Cánovas e Sagasta que institueu o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O papel de Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar aos candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a Sagasta e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal. Promulgáronse, entre outras, a Lei de Sufraxio Universal e a Lei de Asociacións.

Nos seus últimos anos de rexencia agravouse o problema marroquí e agudizouse a conflitividade social. Desta época datan tamén os inicios do catalanismo político. Ademais, a perda das tres últimas colonias hispanoamericanas en 1898 e o inicio da descomposición dos dous partidos da quenda ao desaparecer Cánovas e Sagasta poucos anos despois, sumiron ao país nunha grave crise, que evidenciou de xeito claro a inoperancia que adquiriu coincidindo co cambio de século o réxime da Restauración. O seu máis fervente desexo era traspasar a Coroa ao seu fillo, desexo que viu cumprido en 1902, cando Afonso XIII alcanzou a maioría de idade e foi proclamado rei de España. Desde ese momento consagrouse ás obras de caridade e á súa vida familiar e, a partir de 1906, ao contraer matrimonio o seu fillo Afonso con Vitoria Euxenia de Battenberg utilizou o título de "Raíña Nai". Faleceu no Palacio Real de Madrid o 6 de febreiro de 1929 e foi enterrada no Mosteiro do Escorial.

Tuvo tres fillos con Alfonso XII:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O 28 de novembro de 1901 María Cristina mandou rectificar a súa partida matrimoñal. Así, Habsburgo-Lorena foi substituido por Austria. No rexistro figura así a rectificación: «Se subsana el error de la partida de matrimonio de Doña María Cristina con Don Alfonso XII; el apellido Austria debió figurar allí antes que el de Habsburgo y Lorraine».
Predecesor:
María de las Mercedes de Orleans
Raíña consorte de España
1879 - 1885 (Rexente 1885-1902)
Sucesor:
Vitoria Euxenia de Battenberg