Elixio Rivas
Elixio Rivas | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1925 |
Lugar de nacemento | Fondo de Vila |
Nacionalidade | España |
Ocupación | lexicógrafo |
Profesión | irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rivas foi ordenado irmán da orde dos Padres Paúis. Foi destinado a Inglaterra (Dunstable; Potters Bar) entre 1946 e 1955. De aí foi enviado á Igrexa da Mercede da Habana (Cuba), onde estivo entre 1955 e 1961, sendo expulsado do país logo do triunfo da Revolución Cubana (1959). Regresou a Galicia e exerceu como secretario no colexio San Narciso de Marín, e despois marchou aos Milagres do Medo, en Vide (Baños de Molgas), sendo docente nos campus universitarios de Lugo e Ourense.
Durante os anos de docencia en Marín realizou a licenciatura en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Para a súa tesiña de licenciatura fixo un traballo sobre toponimia de Marín, ampliado posteriormente e presentado como tese de doutoramento na mesma universidade en 1978, e publicado no ano 1982.
Desde os anos da década de 1970, Rivas Quintas á par do seu traballo investigador no campo lingüístico do galego, realizou un infatigábel labor en pro da restauración da ruta sur do camiño de Santiago e difundiu o coñecemento da terra ourensá da Limia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago. é membro da Comisión de Toponimia de Galicia do Consello da Cultura Galega desde 1978, e correspondente da Real Academia da Historia.
Distincións[editar | editar a fonte]
- Premio Otero Pedrayo en 1980.
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 2000.
- Medalla de ouro da provincia de Ourense polo seu labor a prol da etnografía e da lingua galegas, en 2019 [1].
Publicacións (selección)[editar | editar a fonte]
Lexicografía[editar | editar a fonte]
- Frampas: contribución al diccionario gallego. Salamanca. CEME. Salamanca. 1978, 181 páxs + 4 mapas ISBN 84-7349-019-3
- Frampas II; contribución al diccionario gallego. Lugo. Alvarellos. 1988, 148 páxs.
- Frampas III, en Dicionario de Dicionarios (2001) e Ed. do autor (2014)
- Millo e hórreo. Legumia e cestos. Santiago. Laiovento. 1996. ISBN 84-87847-81-1
Colección "Léxico rural do noroeste hispano" [1][editar | editar a fonte]
- A auga na natureza. [18] Ourense. Grafo Dos. (2000) 460 páxs. ISBN 84-931590-0-X
- A casa e o casal. (2008) 419 páxs. ISBN 978-84-612-6149-9
- A cociña e a matanza (2008) 311 páxs. ISBN 978-84-612-3662-6
- A nosa flora. [23] (2012) 332 páxs. D.L. OU-99-2012
- A videira e o viño. [14] (2011) Abeleda Edicións. 297 páxs.
- Labranza e ferramenta manual[2]. [4] Ourense. Grafo Dos. (1997) 698 páxs. ISBN 84-923232-0-5
- Mel e cera. O aceite [13] (2009) 192 páxs. ISBN 978-84-613-3368-4
- Natureza, toponimia e fala (2007) Ourense. Grafo Dos[3] 443 páxs. ISBN 84-611-6327-4
- O ano festeiro. (2010) 349 páxs. ISBN 978-84-614-0585-5
- O carro e a carreira. [5] (2010) 420 páxs. ISBN 978-84-613-7466-3
- O castiñeiro e as castañas. [15] Ourense. Grafo Dos. (1997) 269 páxs. ISBN 84-605-6686-2
- O forno do pan. [11] Ourense. Grafo Dos. (1998) 493 páxs. ISBN 84-923232-7-2
- O muíño. [10] Ourense. Grafo Dos. (1997) 615 páxs. ISBN 978-84-923232-1-0
- Os oficios. (2009) 321 páxs. ISBN 978-84-613-0580-3
- O tear e o tecido. [8] Ourense. Deputación Provincial de Ourense. (1992) 520 páxs. ISBN 84-84575-03-X[4] ou ISBN 84-87575-03-X[5]
- O tear e o tecido. Ourense. Grafo Dos. (1998) 643 páxs. ISBN 84-923232-6-4[6] = ISBN 978-84-923232-6-5[7]
- Pan, sega e malla, medidas. [7] Ourense. Grafo Dos. (1999) 513 páxs. ISBN 84-923232-8-0
- Rega e outros servicios. Ourense. Grafo Dos. (2000) 253 páxs. ISBN 84-923232-9-9.
- Útiles e arreos. Suntuaria. (2012) 269 páxs. ISBN 978-84-615-4018-1
- Xogos e enredos. [20] (2011) 366 páxs. ISBN 978-84-614-8889-6
- Xugo, arado e complementos.[8] (2009) 450 páxs. ISBN 978-84-613-4365-2
Filoloxía[editar | editar a fonte]
- Lingua galega: historia e fenomenoloxía. Lugo. Alvarellos. 1989, 384 páxs ISBN 84-85311-79-5
- Lingua galega: nivéis primitivos. Santiago de Compostela. Laiovento. 1994, 241 páxs ISBN 84-87847-40-4
Onomástica[editar | editar a fonte]
- Onomástica persoal do noroeste hispano. Lugo. Alvarellos. 1991, 672 páxs ISBN 84-85311-93-0
- Onomástica da Virxe María en Ourense, in rev. Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia, Santiago de Compostela, nº 14 (1993) páxs. 24-40; nº 15 (1994), páxs. 29-42; nº 16 (1995), páxs. 37-46
Toponimia[editar | editar a fonte]
- A isoglosa Pacio / Pazo en Galicia, in rev. Verba. Anuario Gallego de Filología, Santiago de Compostela, nº 3, 1976, páxs. 357-364.
- O tema latino "casa" e a Rivoira Sacrata, in rev. Boletín Auriense, Ourense, t. 11, 1981, páxs. 227-274
- Toponimia de Marín. Santiago de Compostela. Anexo 18 da revista Verba. 1982, 409 páxs ISBN 84-7191-279-1
- Natureza, toponimia e fala. Ourense. Edición do autor. 2007, 443 páxs ISBN 84-611-6327-4
Etnografía e viaxes[editar | editar a fonte]
- A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985, 766 páxs ISBN 84-85858-16-6
- Camiño Meridional de Santiago: continuación de la Vía de la plata (texto bilingüe). S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, 176 páxs.
- A Serra de San Mamede. Ourense. Asociación de Amigos dos Milagros e de San Mamede. 1993, 114 páxs ISBN 84-604-7317-1
- El santuario de Nuestra Señora de los Milagros. León. Editorial Everest. 1991, 63 páxs, reeditado como Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, Baños de Molgas (Ourense). León. Edilesa. 2002, 64 páxs ISBN 84-8012-394-X
- Terra das Frieiras. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 2002, 384 páxs. ISBN 84-96011-07-0
Historia e arte[editar | editar a fonte]
- Historia del Santuario de los Milagros (Ourense). Ourense, s.n., 1983, 193 páxs ISBN 84-300-9899-2
- O escultor Nicanor Carballo, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 3, 1990, páxs. 235-248.
- Influencias precristiáns na arte, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 6, 1994-1995, páxs. 207-237.
- Marín, terra e mar: os mareantes e a Confraría de San Miguel. Pontevedra. Deputación Provincial de Pontevedra. 2005, 139 páxs ISBN 84-8457-239-0
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dos volumes desta selección, algúns números da colección foron editados por Grafo Dos (de 1997 a 2007), e outros polo propio autor (os posteriores) ou por Abeleda Edicións (2011), cun formato igual ou semellante. Unha referencia para sabelo é que o ISBN da editorial é (978-)84-923232-, aínda que os libros A auga na natureza, O castiñeiro e as castañas e Natureza, toponimia e fala non seguen esa regra. O número de cada volume na colección está marcado entre corchetes, pero nótese que non foron numerados por orde cronolóxica (o número 5 O carro e a carreira é de 2010).
- ↑ Mesmo en catalogacións oficiais, este libro menciónase ás veces como Ferramenta e labranza manual (Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia) ou como A ferramenta e labranza manual (Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia). Tamén cando a propia imaxe adxacente o contradí: Referencia en Proxecto Meiga; Referencia en Proxecto Meiga
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- ↑ Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; Referencia en Proxecto Meiga
- ↑ Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Librería Bahía
- ↑ Tamén Arado, xugo e complementos: Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xesús Ferro Ruibal: Elixio Rivas Quintas, abeiro de palabras galegas, en Real Academia Galega [2] (12.12.2016)