Ramón de Artaza Malvárez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ramón de Artaza Malvárez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de marzo de 1877 |
Lugar de nacemento | Muros |
Falecemento | 20 de decembro de 1976 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón de Artaza Malvárez, nado en Muros o 6 de marzo de 1877 e finado na Coruña o 20 de decembro de 1976, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito. Foi rexistrador da propiedade en Castellote (Teruel) e Fuentesaúco (Zamora). Dirixiu a revista Tribuna Gallega editada polos emigrantes galegos en Madrid entre 1914 e 1915. Falanxista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ocupouse da administración do periódico falanxista Proa en León. Foi cronista oficial de Muros e escribiu varias obras de carácter histórico. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estivo casado con María Luisa Elices Gasset e con Mercedes Blázquez Jiménez-Arenas[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- Ante el palenque.
- Recuerdos de la muy leal, muy noble y muy humanitaria villa de Muros, 1908.
- El Serafín de Asís y su Orden Tercera, 1910.
- Tres fechas memorables.
- Reconquista de Santiago en 1809.
- Historia de Muros y su distrito.
- Muros: Páginas de su historia, 1922.
- Da nosa terra. Folklorismo e historia, 1936.
- Diego de Muros III.
- Gelmírez y su época.
- De mi tierra. Cuentos, decires y leyendas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A nosa xente: Ramón de Artaza Malvárez". The Muros Times. 25 de febreiro de 2015.