Marisol Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marisol Bueno
Nacemento30 de novembro de 1948
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e emprendedora
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

María Soledad Águeda Bueno Berrío-Ategortua, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1948[1], é unha empresaria e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bióloga de profesión, foi profesora nun instituto de Cangas. Viticultora desde 1979, en 1989 creou a adega Pazo de Señoráns. Foi presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas entre 1986 e 2007[2]. Nas eleccións autonómicas de 2001 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia polo PPdeG.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Filla de nai vasca e pai médico militar destinado en Pontevedra. Está casada co reumatólogo Javier Mareque Abada.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía, na páxina web do Parlamento de Galicia.
  2. Manuel Vázquez Sola (27 de maio de 2007). "«Me voy y espero que la política no mate 21 años de independencia del vino»". El País (en castelán). 
  3. Ángel Marqués de Ávila (11 de marzo de 2018). "Marisol Bueno, premio Orde de Cabaleiros do Viño". Pontevedra Viva.