Centro Oceanográfico de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista do porto de Canido, onde se sitúa o Centro Oceanográfico de Vigo.

O Centro Oceanográfico de Vigo, fundado en 1917, é un dos nove Centros Oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía. Situdo na zona de Cabo Estai-Canido, Vigo.
Consta de dous edificios: un edificio principal e un módulo de experiencias biolóxicas, dedicado fundamentalmente á investigación sobre o cultivo de peixes.[1]

Funcións[editar | editar a fonte]

Trátase dun Organismo Público de Investigación (OPI) dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade de España. O IEO dedícase á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecimento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros, o desenvolvemento dos cultivos mariños e o respecto e protección do medio ambiente mariño. O IEO representa a España na maioría dos foros científicos e tecnolóxicos internacionais relacionados con mar e os seus recursos.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Centro Oceanográfico de Vigo inaugurouse o 2 de setembro de 1917 co nome de Laboratorio Oceanográfico de Vigo. O seu establecemento xa estaba previsto cando se creou o Instituto Español de Oceanografía (IEO) en 1914, pero a súa posta en marcha real puido realizarsese grazas ao impulso do Concello de Vigo e á Xunta de Obras do Porto da cidade.[3]

O apoio ao establecemento dun Laboratorio biolóxico debeuse fundamentalmente á inquietude social ante un problema que preocupaba, nos primeiros anos do século XX, aos sectores produtivos e á poboación en xeral, como foi a crise da sardiña, polas súas consecuencias sobre a economía e o emprego. Actualmente, 100 anos despois, a sardiña a súa escaseza volven a preocupar a pescadores e científicos, e o Centro segue dedicando, como nos inicios, un grande esforzo para conseguir un futuro sustentábel da explotación desta e outras moitas especies dos nosos mares.[4]

O Laboratorio Oceanográfico de Vigo instalouse no Pavillón da Sociedade de Salvamento de Náufragos na rúa Montero Ríos (coñecido localmente como "As Avenidas"), sendo o seu primeiro director Fernando de Buen y Lozano.

Durante os seus primeiros anos desenvolveu investigacións tanto sobre pescarías, especialmente da sardiña, como sobre oceanografía física e química, e leváronse a cabo varias campañas de investigación a bordo de buques da Mariña de Guerra, xa que aínda non se contaba con barcos de investigación propios.

Despois de varios altibaixos na súa actividade, en 1935 o Laboratorio instálase na rúa Nicolás Salmerón, coñecida actualmente como Areal, facéndose cargo da sú dirección José María Navaz. Desde ese momento o Laboratorio consolídase e comeza a súa actividade de maneira máis firme.

En 1974 por necesidades de espazo, o Laboratorio trasláda á avenida de Beiramar, onde continúa cos seus traballos de investigación, que son potenciados por novas incorporacións de persoal e medios, así como polo acceso ao buque de investigación B/O Cornide de Saavedra, con base en Vigo, o que lle permite levar a cabo campañas de investigación en alta mar ao longo de todo o ano. Ademais, desde principios dos anos 1980, o Centro Oceanográfico conta co B/O José María Navaz para realizar traballos nas rías e na plataforma costeira próxima. É, a partir desta etapa, cando o Centro orienta os seus equipos de investigación nas áreas de coñecemento da investigación pesquiera, o medio mariño e a protección ambiental, con especial énfase nos aspectos da contaminación e das mareas vermellas, de gran incidencia nas rías galegas e na acuicultura.[3]

En Beiramar continou até 1987, ano no que se trasladou á actual sede en Cabo Estai – Canido, onde conta con dous excelentes edificios diseñados expresamente para o Instituto Español de Oceanografía, un dedicado á investigación mariña en xeral e outro á investigación e experimentación sobre cultivos mariños. Nestas novas instalacións é onde, xa co nome de Centro Oceanográfico de Vigo, consigue o seu gran despregue levando a cabo investigacións mariñas desracadas tanto a nivel nacional como internacional. Nestas instalacións continúa na actualidade (2020).[3]

Estrutura administrativa[editar | editar a fonte]

Da dirección dependen:[5]

  • Investigación
    • Acuicultura
    • Medio mariño e protección ambiental
    • Proxectos transversais
    • Pescaeías
  • Servixos xerais
    • Administración
    • Biblioteca
    • Informática
    • Mantemento

A dirección do Centro Oceanográfico de Vigo asúmea a doutora María Victoria Besada Montenegro,[4] científica titular de OPIs.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IEO. Centro Oceanográfico de Vigo. Consultada o 13 de maio de 2020.
  2. 2,0 2,1 IEO. Centro Oceanográfico de Vigo Consultada o 13 de maio de 2020.
  3. 3,0 3,1 3,2 IEO. Historia. Consultada o 13 de maio de 2020.
  4. 4,0 4,1 Mª Victoria Besada Montenegro (5 de agosto de 2018). "Pregón al Santísimo Cristo de la Victoria". Atlántico. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  5. IEO. Estructura del CO de Vigo. Consultada o 13 de maio de 2020

Véxase tamén[editar | editar a fonte]