Enrique Vidal Abascal
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Enrique Vidal Abascal | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1908 |
Oviedo, ![]() | |
Falecemento | 31 de outubro de 1994 (86 anos) |
Santiago de Compostela, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | Matemático, astrónomo e pintor |
Fillos | Félix Vidal Costa |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Enrique Vidal Bobo. Foi director do Instituto de Monforte (1934) e despois do Instituto da Estrada (1935). Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Madrid (1944), presentando unha tese, dirixida por Ramón María Aller Ulloa, que trataba sobre as órbitas de estrelas duplas [1].
Exerceu a docencia en Galicia, onde residiu desde a súa nenez, primeiro como catedrático de Instituto e, desde 1955, como catedrático de Xeometría Diferencial da Universidade de Santiago de Compostela sendo, desde a súa creación en 1968, decano da Facultade de Ciencias Matemáticas de dita universidade, até a súa xubilación.
Está considerado pioneiro no aperturismo matemático internacional da posguerra española, organizando o primeiro Coloquio Internacional de Matemáticas celebrado en España (1963)
Foi promotor da Real Academia Galega de Ciencias, da que foi o seu primeiro presidente, sendo designado posteriormente presidente de honra, e director do Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela entre 1967 e 1978.
O labor investigador de Vidal Abascal versou sobre Xeometría Diferencial e Integral (curvas e superficies) e, en astronomía, no cáculo de órbitas de estrelas duplas.
Introduciu en España o estudo de Foliacións, así como a noción de métrica case fibrada; Vidal e o profesor Hervella encontaron dúas novas xeometrías pseudokahlerianas, que denominaron G1 G2 (Galegas 1ª e 2ª).
Inventou un aparello, o orbígrafo (construído en Zürich) para o cálculo das órbitas de estrelas duplas, que aínda segue a usarse no Observatorio Astronómico de Santiago. Ao respecto do seu labor investigador sobre estas estrelas, o Observatorio Astronómico de París, escribía en 1979:
Entre 1972 e 1977 ditou relatorios e cursos na École Polytechnique de Lausana e na Universidade VI de París.
Pertenceu á Sociedade Americana de Matemática (American Mathematical Society), ao Círculo Matemático de Palermo (Circolo Matematico di Palermo) é a Sociedad Matemática Española. Así mesmo, foi membro da Real Academia Galega, na que ingresou o 27 de marzo de 1971.
Obras[editar | editar a fonte]
Quizais as súas máis salientábeis publicacións sexan
- Geometría integral sobre las superficies curvas
- Fundamentos de la Geometría Integral, e
- Introducción a la Geometría Diferencial (1956).
Ademais destas obras publicou:
- Curso de matemáticas (1957)
- Libro de problemas de Matemáticas (1961)
- La nueva matemática (1961)
- Cálculo de órbitas de estrellas dobles vusuales (1963).
A súa produción complétase cuns cen artigos, algúns deles aparecidos en revistas como:
- Astronomical Journal (Yale)
- Journal of Differential Geometry (Leigh University)
- Proceedings of the American Mathematical Society (EE.UU.)
- Bulletin of the American Mathematical Society (EE.UU.)
- Annales de l’Institut Fourier (Grenoble, Francia)
- Comptes Rendus de l’Académie des Sciences (París)
- Rendiconti dei Círcolo Matemático di Palermo (Palermo) ou
- Tensor N.S. (Xapón).
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Alfonso X El Sabio, outorgado polo CSIC en 1949, polo seu traballo Geometría Integral sobre las Superficies Curvas.
- Premio da Real Academia de Ciencias, en 1953, por Fundamentos de la Geometría Integral.
- Prize of the Royal Academy of Exact, Physical and Natural Sciences, en 1953, por Generalización de los Invariantes Integrales, e en 1959 por Equivalencia entre algunos problemas del Cálculo de Variaciones, la Teoría de los Invariantes Integrales Generalizados y la Geometría Integral.
- Officier dans l' Ordre des Palmes Académiques, condecoración concedida polo goberno francés, en 1974, polas súas relacións científicas con Francia.
Os espazos case-foliados (almost-foliated manifolds) son coñecidos coma espazos de Vidal na súa honra, e as estruturas case hermíticas coma G1-G2, por Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Iglesias, José Manuel (1995). Vidal Abascal. Matemático-pintor, universitario-artista. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-81-8.
- Igrexas, Manuel: "Enrique Vidal Abascal, presidente do Partido Galeguista de Lalín" (21/12/2017) en Historias de Deza.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Enrique Vidal Abascal no Álbum da Ciencia do CCG.
- Varias referencias a traballos no campo de estrelas duplas (en inglés).
|
|