Manuel Vázquez Seijas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Vázquez Seijas
Vazquez seijas.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1884
 Lugo
Falecemento4 de decembro de 1982
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Vázquez Seijas, nado en Lugo o 15 de xaneiro de 1884 e finado na mesma cidade o 4 de decembro de 1982,[1] foi un historiador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Lugo e graduouse como profesor mercantil na Coruña en 1902. Amigo dos fillos de Carré, na cidade herculina forma parte da Cova Céltica, faladoiro celebrado na librería de Eugenio Carré Aldao na que participaban persoeiros como Ángel del Castillo, Manuel Murguía ou Eduardo Pondal.[2].

Foi elixido concelleiro en Lugo (1912), desempeñando este cargo con Carlos Llama Navia (2012-2013) e o de tenente-alcalde con Angel López Pérez (2013-2019). Durante uns anos compaxina o cargo de concelleiro co de redactor do xornal La Idea Moderna [3]

No ano 1919 ingresa por oposición no Corpo de Interventores de Administración Local sendo nomeado interventor de fondos da Deputación de Lugo renunciando o 1 de abril dese mesmo ano ao cargo de concelleiro.

En sesión do 15 de setembro de 1905, con 21 anos de idade e sendo presidente Manuel Murguía, foi nomeado académico adxunto da Real Academia Galega, pasando a ser académico numerario en sesión do 8 de decembro de 1940.

Tras o descubrimento oficial do Templo de Santalla de Bóveda en 1926, Vázquez Seijas, iniciou unha labor non só de divulgación do monumento senón tamén coas actuacións arqueolóxicas que levou a cabo secundando a Luís López Martí, accións encamiñadas a salvagarda deste monumento.[4]

Tamén, xunto con Luís López Martí, foi un dos fundadores do Museo Provincial de Lugo. Foi nesta época e grazas á súa iniciativa, ao ser nomeado secretario do Padroado Provincial Pro-Fortaleza de San Paio de Narla, cando a Deputación Provincial adquiriu en setembro de 1939 este Museo-Torre de Xiá. En sesión celebrada o 3 de maio de 1948, a Xunta do Museo Provincial de Lugo acordou o seu nomeamento como director do mesmo, pasando en 1982 a ser Director Honorario Perpetuo.

O 29 de xaneiro de 1965 foi nomeado socio de Mérito do Círculo das Artes de Lugo. Nesta sociedade recreativa e cultural formou parte xunto con Rof Codina, Julio Pérez de Guerra, Narciso Peinado, o médico Pedreira, Trapero Pardo, Ramón Domínguez, Pardo Valiña e outros, dunha coñecida pena denominada "O Senado", grupo de faladoiro de café de media tarde no que se trataban temas culturais e actualidade.

Tamén foi vogal do Centro de Estudos Xacobeos en Santiago de Compostela, presidente da Asociación Lucense de Amigos dos Castelos, Secretario da Comisión Provincial de Monumentos (director e colaborador do Boletín da mesma) e correspondente da Academia Provincial de Bellas Artes de La Coruña, da Real Academia de la Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Arqueolóxico Alemán.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lugo bajo el Imperio Romano, 1939.
  • Lugo en los tiempos prehistóricos, 1943.
  • Guía del Museo de Lugo, 1947.
  • Inscripciones Romanas de Galicia. Provincia de Lugo, 1954 (coautor canda Francisco Vázquez Saco).
  • Fortalezas de Lugo y su provincia (1955-1973) T.I 1955,T.II 1959, T.III 1967, T.IV 1962, T.V 1970 e T.VI, 1973.
  • El lenguaje de las piedras, 1971.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • 1906: Por Lugo y su historia. El magisterio Lucense, 2-4.
  • 1929: Las excavaciones de Santa Eulalia de Bóveda. Boletín de la Real Academia Gallega XIX, (217), 29-31
  • 1929: Monumentos arqueológicos. Numismática. Lugo y su provincia, Libro de Oro, 114-115.
  • 1929: Los tesoros de la torre y fortaleza de Anseán. Boletín de la Real Academia Gallega XIX, (220), 92-94.
  • 1930: Hallazgo de monedas romanas. Boletín de la Real Academia Gallega XIX, (223), 168-172.
  • 1931: Hallazgo de monedas romanas(continuación) . Boletín de la Real Academia Gallega XX, (230), 31-33.
  • 1932: Monedas de cuero. Boletín de la Real Academia Gallega XXI, (241), 15-17.
  • 1933: El Castro de Barán. Boletín de la Real Academia Gallega XXI, (246), 125-130.
  • 1934: Curiosa escultura románica. Boletín de la Real Academia Gallega XXI, (252), 272-274.
  • 1934: Una escultura proto-histórica.Boletín de la Real Academia Gallega XXII, (256), 95-97.
  • 1934: Las ruinas de Santa Eulalia de Bóveda. Galicia en Madrid, (33), 11.
  • 1935: Del Lugo Romano. Boletín de la Real Academia Gallega XXII, (260), 201-207.
  • 1936: Notas arqueológicas: del Lugo romano. Hallazgo de monedas. Boletín de la Real Academia Gallega XXII, (261), 225-232.
  • 1936: Notas arqueológicas. Una curiosa placa-ídolo en piedra granítica. Boletín de la Real Academia Gallega XXII, (263), 281-283.
  • 1941: Hallazgos romanos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (1), 19-21.
  • 1941: Denarios romanos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (8), 223-226
  • 1942: Monumentos megalíticos A Casia da Arquela. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (2), 44-45.
  • 1942: Joyas arcaicas. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (3), 69-71
  • 1942: Notas arqueológicas. Interesante piedra de armas. Boletín de la Real Academia Gallega XXIII, (268), 105-107.
  • 1943: Campo de mámoas. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (5), 127-132.
  • 1944: Museo Provincial de Lugo. Memorias de los museos arqueológicos provinciales, 5, 194-199.
  • 1944: Curioso molde de bronce para fundición de hachas de talón. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo I, (10-11), 298-301.
  • 1945: En la ruta de los peregrinos. El Hospital de San Juan de Puertomarín. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (13), 28-33.
  • 1945: Insculturas rupestres, aportación de la provincia de Lugo al Corpus Petroglyphorum Gallaeciae. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (14-15), 75-81.
  • 1945: Artistas lucenses.Un organero de Meilán. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (16), 132-135.
  • 1945: De re numismática. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (17-18), 186-189.
  • 1945: Nuevos hallazgos en Proendos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (19), 228-232.
  • 1945: Un sagrario del siglo XVI. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (20), 278-281.
  • 1947: Riqueza megalítica en tierras de Villalba. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo II, (21-22), 349-361.
  • 1947: Museo Provincial de Lugo. Memorias de los Museos Arqueológicos provinciales, 160-162.
  • 1948: Las Cárcel vieja de Lugo. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo III, (25-26), 121.
  • 1948: Enterramientos romanos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo III, (27-28), 194-200.
  • 1948-49: Museo Provincial de Lugo. Memorias de los Museos Arqueológicos Provinciales, 183-187.
  • D´Ors ,A. y 1949).Nueva lápida romana. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo III, (29-30), 205-207.
  • 1949: Pendiente visigótico. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo III, (31-32), 326-327.
  • 1950: Del Lugo romano (notas arqueológicas: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV, (33), 62-66.
  • 1950: Restos de un mosaico romano. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV, (34), 137-138.
  • 1950: El Castro de Vilamayor de San Simón de la Cuesta. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV, (35), 216-224.
  • 1950: Nuevo edificio para el Museo Provincial. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV, (35), 236-238.
  • 1951: Un ara más de la fórmula “Ex visu”. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV, (36), 300-301.
  • 1952: Factorías pesqueras en la playa de Area. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo V, (37-38), 110-114.
  • 1953: Hachas de bronce de doble anillo. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo V, (39), 208-214.
  • 1953: Hallazgo de denarios romanos en Bares. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo V, (40), 304-308.
  • 1953: Notas sobre túmulos lucenses. Zephyrus Revista de Prehistoria y Arqueología, 4, 219-225.
  • 1954: Santa María la Real de El Cebrero. Faro luminoso en la ruta de las peregrinaciones jacobeas. Lar, (248-249-250), 67-68.
  • 1954-55: Terra Sigillata. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VI, ( 41-44 ), 42-46.
  • 1956: La fábrica de moneda de Jubia. Boletín de la Real Academia Gallega XXVII, (309-320) 538-564.
  • 1956-57: Historia del encendido de un alto horno en la Real Fábrica de Sargadelos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VI, (45-48) páxs. 167-170.
  • 1957: Notas sobre el Museo Provincial de Lugo. Lar.
  • 1957: El Museo Provincial de Lugo. Vida Gallega, (31), 45.
  • 1958: Las murallas romanas lucenses. Su conservación . Lar. (296-297-298)
  • 1958: La sección arqueológica del Museo Provincial Lucense. Vida Gallega ,15
  • 1958-59: Mansión céltica en tierras lucenses. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VI, (49-52), 274-284.
  • 1959: La cueva céltica. Boletín de la Real Academia Gallega XXIX, (333-338), 89-91.
  • 1959-60: Relojes de sol. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Ourense XX , 295-297.
  • 1960-61: Nuevo hallazgo de hachas de bronce de talón. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, 7 (53-56), 23-25.
  • 1962: Sartegos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VII, (57-58), 138-150.
  • 1963: Dos nuevas y curiosas hachas de bronce de talón. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VII, (59-60), 189-194
  • 1963: Siringa o flauta de Pan astronómica. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VII, (59-60), 215-219.
  • 1964: Las murallas romanas de Lugo: primitivos accesos. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VII, (61-62), 291-294.
  • 1964: Posibles emisiones de Augusto en Lugo. Numisma 70, 37.
  • 1964: La iglesia de San Miguel de Eiré en Pantón(Lugo). Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. (19), 56.
  • 1965-66: La cueva de la Valiña. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VIII, (63-69), 25-30.
  • 1965-66: El relojero lucense Francisco Javier Méndez Y Meira de Saavedra. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VIII, (63-69), 67-70.
  • 1965-66: Las cuevas del Oso. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VIII, (63-66), 292-298
  • 1967: Las murallas romanas de Lugo. Boletín de la Asociación Española de Amigos de los Castillos, (56), 59-66.
  • 1967: El castillo de Villalba. Boletín de la Asociación Española de Amigos de los Castillos, (59), 465-469.41
  • 1967-68: El foro romano lucense. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo VIII, (67-70), 178-182.
  • 1968: La fortaleza de San Payo de Narla. Boletín de la Asociación Española de Amigos de los Castillos, (62), 295-304.
  • 1969: El castillo de Pambre. Boletín de la Asociación Española de Amigos de los Castillos, (67), 415-421.
  • 1969: Don Francisco Vázquez Saco. Boletín de la Real Academia Gallega XXX, (351), 271-274.
  • 1971-72: Silografía antigua lucense. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IX, (67-70), 50-54.
  • 1973: Viviendas populares lucenses. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IX, (79-80), 123-131
  • 1974: El verraco de Justás. Boletín de la Real Academia Gallega,(356), 75-76.
  • 1974-75: Pazo de Villafiz. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IX, (81-84), 199-204.
  • 1975: El Claustro de San Francisco de Lugo. Boletín auriense (Orense: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense) (5) 339-341.
  • 1976: La ciudad de Mondoñedo. Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.(42), 98-99.
  • 1976: El monasterio cirticense de Ferreira de Pantón en Monforte de Lemos. Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. (41),78..
  • 1976: Casa y torre de Outeiro de Santiago de Saa. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IX, (85-86),254-256.
  • (1977-78).Interesante privilegio real del siglo XVI. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo X, (87-90),83-85

Tamén foi autor de numerosos artigos periodísticos publicados no xornais: El Regional, La Idea Moderna e Lar entre outros. Destaca a súa achega á historiografía de Lugo e a súa provincia. Da súa obra adquire especial relevancia Fortalezas de Lugo y su provincia, obra magna de seis tomos con achegas históricas, arqueolóxicas e xenealóxicas das murallas, castelos, torres e casas-torres, algunhas xa desaparecidas, da provincia de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 4-12-1982, p. 39.
  2. Vázquez Seijas, Manuel. "La cueva céltica". Real Academia Gallega. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. [Ligazón morta]
  3. "La Idea Moderna. Ayer y hoy. 31-1-1914". 
  4. Montenegro Rúa, Enrique Jorge. "Algunos de los significativos quehaceres de Manuel Vázquez Seijas durante las excavaciones de Santa Eulalia de Bóveda : a propósito de dos excursiones al monumento" (PDF). Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]