Francisco Leal Insua
Francisco Leal Insua ![]() | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1910 |
Viveiro | |
Falecemento | 12 de xullo de 1997 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Cónxuxe | Xulia Minguillón |
Xéneros | Poesía, ensaio |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997[1], foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a colaborar nos xornais de Viveiro e de Vilalba e, despois, no semanario Vallibria de Mondoñedo, onde coincidiu con Francisco Fernández del Riego, Aquilino Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro. En 1933 colaborou con ABC e Mundo Gráfico e Nuevo Mundo, de Madrid. Foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), El Correo Gallego, La Noche e da revista internacional Mundo Hispánico[2] (1961). Tamén foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do século XX sen moita artificiosidade. Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional de Poesía en Lisboa (1943), o Premio Nacional de Periodismo Marqueses de Taurisano (1963) e a Medalla Castelao (1995).
Casou en 1939 coa pintora Xulia Minguillón.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Horas, 1935.
- Te he buscado, 1939.
- Versos: 1ª antología, 1945.
- Primer semillero de poemas, 1952.
- Trivium, 1955.
- Mi soledad sonora, 1955.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Las cosas, 1941.
- Faro de Vigo y su proyección, 1965. Con José Altabella.
- Pastor Díaz, príncipe del romanticismo, 1943.
- La siembra en el viento, 1955.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de (1948). "Mundo Hispánico" (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Gallega