Samuel Eiján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Eiján
Samuel Eiján 1918.jpg
Nacemento10 de maio de 1876
Lugar de nacementoLeiro
Falecemento1 de decembro de 1945
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónescritor
Na rede
Galiciana: 36143 Dialnet: 3395847
editar datos en Wikidata ]

Samuel Eiján Lorenzo, nado en San Clodio (Leiro) o 10 de maio de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1945[1][2], foi un sacerdote franciscano e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Samuel Eiján foi superior do convento do Santo Sepulcro en Xerusalén, procurador xeral de Terra Santa, definidor provincial, ministro provincial e custodio da provincia de Ourense. Foi membro da Real Academia Galega, correspondente do Instituto Histórico do Minho, membro nato da Xunta do Padroado da Obra Pía dos Santos Lugares e cabaleiro comendador con placa da orde de Isabel a Católica.

Escribiu unha extensa obra literaria na que tocou varios xéneros (poesía, narrativa, teatro,...). Colaborou en revistas e dirixiu El Eco Franciscano. A súa obra, en galego e castelán, inspírase na relixión e no sentimento da terra.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Barnabé d’Alsace, OFM, Nueva guía de Tierra Santa, tr. Samuel Eiján (Barcelona-Vich: Tipografía Franciscana, 1908).
  • Mágoas. Versos gallegos, (1902; 2 ed. 1913). (poemario).
  • Narraciones y leyendas del oriente Barcelona, (1910).
  • D'a y'-alma. Versos gallegos, (1915). (poemario).
  • Historia de Ribadavia y sus alrededores, 1920. Editorial Alvarellos, Edic. facsímile, (1981), ISBN 84-85311-40-X. (ensaio historiográfico).[3]
  • Froliñas de San Francisco. Romanceiro seráfico galicián, (1926). (poesía).
  • España mirando a Tierra Santa: Nuevas anotaciones históricas, Santiago de Compostela, Tipografía de “El Eco Franciscano,” (1934).
  • Hispanidad en Tierra Santa; actuación diplomática, Madrid, Imprenta de Galo Sáez, (1943).
  • El Patronato Real de los Santos Lugares en la historia de Tierra Santa (Madrid: Ibarra, 19451946).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Membros da Academia : Samuel Eiján Lorenzo". Real Academia Galega. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  2. Campelo, José (1945). "El P. Samuel Eiján Lorenzo". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) 24 (285-288): 343–350. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 04 de setembro de 2018. 
  3. Historia de Ribadavia y sus alrededores, en Google Books.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]