Antonio López de Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio López de Neira
Antonio López de Neira.jpg
Antonio López de Neira
Nacemento 1827.
Lugar Sober.
Falecemento 6 de febreiro de 1919.
Lugar Vigo.
Nacionalidade Galega.
Ocupación Empresario.
editar datos en Wikidata ]

Antonio López de Neira, nado en Sober, Provincia de Lugo, en 1827 e finado en Vigo o 6 de febreiro de 1919, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Vigo como empregado de comercio, e conseguiu converterse nun dos seus principais industriais. Participou en varias iniciativas, destacando a fábrica de papel con Antonio Sanjurjo Badía e fábricas de chocolate. Tamén no negocio do transporte marítimo, no que foi representante da Compañía Trasatlántica, que absorbera a súa propia pequena compañía. Ademais foi conselleiro do Banco de España en Vigo[1].

En 1874 xa era concelleiro no concello de Vigo. Foi deputado provincial por Vigo en 1877 e 1878 e por Redondela-Pontecaldelas en 1882-1890, 1896 e 1905-1911. En 1897 foi elixido alcalde de Vigo. Entre 1905 e 1909 foi presidente da Deputación Provincial.

Rúa adicada ao alcalde.
Predecesor:
Marcelino Astray de Caneda
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1897-1901
Sucesor:
Prudencio Nandín Vicente
Predecesor:
Ricardo Senra Fernández
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1905
Sucesor:
Ricardo Senra Fernández
Predecesor:
José María Vidal González
 Coat of Arms of Vigo.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1905 - 1909
Sucesor:
Antonio Pazos Fontenla

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]