Pepe Domingo Castaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepe Domingo Castaño
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Pepe Domingo Castaño
Castaño no programa Tiempo de juego.
Nacemento 8 de outubro de 1942 (74 anos)
Lugar Padrón, Galicia Galicia
Ocupación Xornalista, presentador, cantante
Cónxuxe(s) María Luisa Seco
(1969-1981)
María Teresa Vega
(1985-presente)
Fillo(s) 2

Pepe Domingo Castaño, nado en Padrón o 8 de outubro de 1942, é un cantante e xornalista galego. Na actualidade presenta o programa deportivo Tiempo de juego na Cadena COPE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou sendo contable nunha empresa de curtidos da súa vila en 1964. Cando se decatou de que quería ser locutor de radio presentouse a unhas probas convocadas pola Radio Galega que supuxeron a súa primeira oportunidade en Santiago de Compostela.

Radio[editar | editar a fonte]

Dous anos despois tomou a decisión de probar sorte en Madrid, onde traballaría como locutor lector da ONCE. Continuaría en Madrid, presentando en La Voz de Madrid o programa Club Musical, ó que seguiría outro traballo en Radio Centro e posteriormente o programa Tabla redonda del disco. O seu lanzamento viría da man de Discoparada, onde coñecería a multitude de cantantes que se prommocionaban no seu espazo.

En 1973 ficha pola súa actual empresa, a Cadena SER.

Viva la Radio, Voces a 45, Sintonía sobre ruedas, Diario musical SER, Temas del Día e sobre todo El Gran Musical foron os programas que lle deron gran popularidade en toda España.

Despois virían Onda Media Aquí la SER, Mediodía SER, Domingo Pepe Domingo, Los tíos del Domingo, Ser-vicio de verano e Hoy por Hoy Madrid. Logo pasouse ás retransmisións deportivas, da Vuelta Ciclista a España e o Tour de Francia, o Carrusel Deportivo (no que segue actualmente xunto a Paco González) ou El Larguero, programas que o converteron nun dos grandes da radio.

Prensa[editar | editar a fonte]

Colaborou varios anos coa Revista Hola.

Televisión[editar | editar a fonte]

O seu paso pola televisión tamén estivo ligado ó éxito. Comezou con Biblioteca Joven, xunto a María Luisa Seco, coa que casaría o 6 de setembro de 1969.

Máis tarde faría outros programas coma A todo ritmo, Voces a 45, 300 Millones, que durante tres anos o levaron por España e América. Tras ser despedido do Ente público, levou a este a xuízo e foi indemnizado. En 1985 presentou Boa Noite, programa da TVG.

En setembro de 1995 regresa á pequena pantalla trece anos despois, esta vez en Telecinco co programa Número 1.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

A súa carreira discográfica tamén é salientable. Comezou formando parte de agrupacións musicais coma Los Ibéricos e los Blue Sky, pero logo continuou como solista con grandes éxitos coma "Neniña (Viste pantalón vaquero)", que foi número un nas listas de vendas de toda España, "Mi pueblo", "Te vas", "Porque te quiero tanto", "Mujercita de ojos claros", "Compañera soledad", "Motivos", número un de vendas en México con máis de dos millóns de discos vendidos, e popularizada en varios países de Hispanoamérica e mesmo en Estados Unidos, onde aínda se segue oíndo, e pola que cobra dereitos de autor, téndose feito dela máis de trinta versións. Outros títulos de éxito son: "Mentirosa" ou "Brindo con mis canciones" entre outras que compoñen a súa discografía, ademais dun LP de poemas de amor, dedicado ó autor cubano José Ángel Buesa, que esgotou todas as existencias do mercado ó pouco tiempo de aparecer á venda.

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu multitude de premios entre os que cabe destacar varios ó mellor locutor e showman do ano, como presentador, Premio á Popularidade do Diario Pueblo ó mellor xornalista musical, Guaca y Puro de ouro de Venezuela, Disco de Ouro de México, Canción Motivo, Cámara de Comercio, Antena de Ouro no apartado locución e Premio Ondas Nacional nos anos 1975, 1996 e 2002.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Tralo seu matrimonio con María Luisa Seco, que só durou tres anos, casa en segundas nupcias con María Teresa Vega en 1985. Con ela tivo dous fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]