Antonio Hervella Ferreira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | avogado, notario |
Familia | |
Fillos | Pedro Tertuliano Hervella Nieto, Evelina Hervella Nieto |
Antonio Hervella Ferreira foi un avogado e notario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Foi notario en Castro Caldelas, Monforte de Lemos, Redondela, O Barco de Valdeorras e Cartaxena. É autor do libro Las comunidades familiares y la compañía gallega después de la publicación del Código Civil,[1] publicado por El Eco de Lemos en 1898. Xubilouse como notario de Sama (Langreu) en 1935.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Historia jurídica de las diferentes clases de censos, 1892.
- Las comunidades familiares y la compañía gallega después de la publicación del Código Civil, 1898.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Francisca Nieto Bustos, que finou no Barco de Valdeorras en 1927,[3] e foi pai de Consuelo, Antonio, Pedro Tertuliano e Evelina Hervella Nieto.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las comunidades familiares y la compañía gallega después de la publicación del Código Civil". Galiciana.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-8-1935, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-8-1927, p. 11.
- ↑ "Pedro Tertuliano Hervella". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 222.
- "HERVELLA FERREIRA, Antonio", artigo na Gran Enciclopedia Gallega