Saltar ao contido

Fernando González Laxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando González Laxe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

24 de xuño de 1996 – 26 de xuño de 2000
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

3 de febreiro de 1992 – 23 de setembro de 1993
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

26 de xaneiro de 1987 – 1 de xaneiro de 1988
2º Presidencia da Xunta de Galicia
1987 – 1990
 Xerardo Fernández AlborManuel Fraga 
Deputado do Parlamento de Galicia
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseXosé Manuel Beiras Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, ecólogo, catedrático, agrónomo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeRosa Liaño Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 131401 BNE: XX940244 BUSC: gonzalez-laxe-fernando-1952 Dialnet: 161082

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, do 28 de setembro de 1987 ao 2 de febreiro de 1990.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
De esquerda a dereita, González Laxe, Xoaquín Fernández Leiceaga e Emilio Pérez Touriño, nunha xuntanza no 2016.

Formación

[editar | editar a fonte]

É licenciado e doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña. Principiou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no Colexio Universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[2] e afiliado ó Partido Socialista Galego.

Política

[editar | editar a fonte]

González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 polas listas do Partido Socialista Galego e ó senado nas de 1979 xa polo Partido dos Socialistas de Galicia, sen obter escano en ningunha delas. Co PSdeG-PSOE foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.

Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea. Formou parte do equipo negociador da adhesión de España á Comunidade Económica Europea e da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental.

En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987, González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.

En 1986, foi designado senador en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata 2000. No Senado ocupou a presidencia da Comisión de Economía e Facenda.

Retirada da política activa

[editar | editar a fonte]

No ano 1993 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia e en 2000 o seu escano no Senado. Non volveu ocupar postos de relevancia política e pasou a ocuparse da súa cátedra de Economía Aplicada na Universidade da Coruña ata a súa xubilación en maio de 2023,[3] foi despedido cun acto organizado por Organizado polo Foro Económico da Galiza.[4] Polo medio, en abril de 2009, foi nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado,[5] cargo do que cesou en xaneiro de 2012. Foi nomeado Profesor Emérito da Universidade da Coruña.[6]

Foi coordinador da serie Economía (cinco tomos) do Proxecto Galicia, promovido por Hércules de Ediciones e editor da revista Atlantic Review of Economics.[7] Ten publicado numerosos libros de economía, especialmente sobre a pesca, e participado en varios libros colectivos.

Leva publicados numerosos artigos en La Voz de Galicia.[8]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
  • Estrutura da pesca costeira galega (1977). Vigo. Galaxia.
  • Os desafíos económico sde Galicia (1996). Fundación Luis Tilve.
  • Galicia, un camiño á renovación (1997). Sada: Ediciós do Castro.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • La economía del sector pesquero (1988). Madrid: Espasa Calpe.
  • Fortalezas y debilidades de la Europa azul (1996). Santiago: Fundación Caixa Galicia. Con Juan Macau i Nadal.
  • La economía del transporte marítimo (2006). Con María Jesús Freire. A Coruña: Netbiblo.
  • Lecciones de economía pesquera (2008).
  • Tráfico marítimo y economía golbal (2009). A Coruña: Netbiblo.
  • Homo Oeconomicus Maturus. Diario de un compromiso (2010). A Coruña: Las Cadenas.
  • Geoestrategia portuaria (2013). A Coruña: Netbiblo.
  • Los puertos de España y Méjico (2013). A Coruña: Netbiblo.
  • Nuevos tiempos modernos. Ideas para una sociedad post-industrial (2024). A Coruña: Hércules Ed.
  • Medalla de Ouro da Universidade J. F. Kennedy de Bos Aires.
  • 2000: Medalla de Ouro da Universidade da Coruña.[9]
  • Medalla de Ouro da cidade da Coruña.[10]
  • 2009: Medalla de Ouro de Galicia.[11]
  • 2025: XXVIII Premio Fernández Latorre polo seu compromiso coa Galiza e a vocación de servizo público.[12]
  1. "Fernando González Laxe Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2025-07-25.
  2. "Información na web de ADEGA". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
  3. Novo Corti, Isabel (21 de maio de 2023). "Fernando González Laxe: la última clase versus la última lección". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2023.
  4. ""O servizo público é ser responsábel dos actos e dar explicacións": Fernando González Laxe reivindica o diálogo na súa homenaxe". Nós Diario. 2024-12-11. Consultado o 2025-07-25.
  5. Nova en El Correo Gallego Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  6. "Ficha de Fernando I. González Laxe". pdi.udc.es. Consultado o 2025-07-25.
  7. "Fernando González Laxe". Hércules de Ediciones. 2025-06-20. Consultado o 2025-07-25.
  8. "Artículos de Fernando González Laxe. La Voz de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-07-25.
  9. "Hace 25 años González Laxe recibe la Medalla de Oro de la Universidad de A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2025-07-25.
  10. MUNDIARIO (2024-12-11). "Laxe apeló a los valores democráticos en el gran homenaje que se le rindió en la USC". MUNDIARIO (en castelán). Consultado o 2025-07-25.
  11. "Medallas de Galicia. 2009 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2025-07-25.
  12. "Fernando González Laxe, galardonado con el Premio Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-07-25. Consultado o 2025-07-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Xerardo Fernández Albor
 
Presidente da Xunta de Galicia
 
1987 - 1990
Sucesor:
Manuel Fraga Iribarne