Valentín Villanueva Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentín Villanueva Rivas
Nacemento27 de outubro de 1864
Lugar de nacementoSaiar, Caldas de Reis
Falecemento8 de novembro de 1931 (67 anos)
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
Nacionalidadeespañola
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióncura e profesor
Na rede
Galiciana: 160857987 Dialnet: 4629330
editar datos en Wikidata ]

Valentín Villanueva Rivas, nado en Saiar, Caldas de Reis o 27 de outubro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1931, foi un sacerdote católico, profesor de ensino medio e escritor galego, epígono do rexurdimento, membro numerario da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou con quince anos de idade no Seminario de Santiago de Compostela onde chegou a ser profesor de filosofía e teoloxía.[1] Foi catedrático de latín en varios institutos e tamén de xeografía e historia no Instituto de Santiago, así como profesor no Instituto de Noia. Foi ecónomo da parroquia de San Xurxo da Coruña e párroco da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.[2]

Algo escribiu en verso galego,[3] nunca reunido en volume.[4]

Historiógrafo en castelán e afeccionado á lexicografía, ingresou na RAG o 3 de agosto de 1924 a proposta de Adriano López Morillo, Jaime Ozores de Prado e Andrés Martínez Salazar, pronunciando o discurso "Estudio de la personalidad de Fray Manuel Martínez, Obispo de Málaga", respondido por Uxío Carré Aldao.[5]

Formou parte da Comisión Provincial de Monumentos de Pontevedra.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • "Intervención de los prelados Quevedo y Múzquiz en los sucesos de Galicia durante la invasión francesa".
  • "El arzobispo de Santiago D. Rafael Múzquiz y el clero de Galicia en la guerra de la independencia".
  • "Intervención del cabildo de Santiago en el glorioso alzamiento de Galicia en la guerra de la independencia".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vázquez Vilanova, J. A. (2004). Clero y sociedad en la Compostela del siglo XIX (en castelán). IEGPS-CSIC. p. 113. ISBN 84-00-08263-X. 
  2. En Santa María oficiou o casamento de Luís Amado Carballo.
  3. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 512. ISBN 84-7154-227-7. 
  4. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 614. ISBN 84-8288-019-5. 
  5. Membros de número RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]