Diccionario enciclopédico galego universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DE

GU


Diccionario Enciclopédico
Galego Universal


 
Diccionario Enciclopédico Galego Universal, DEGU, ed. Ir Indo para La Voz de Galicia, 2003.JPG
Lombo do DEGU.
Autor/a Ed. e director: Bieito Ledo Cabido
Xerente: Xelasio Suárez Santiso
Orixe Galicia.
Lingua galego
Tema(s) Temática galega e universal.
Xénero(s) Consulta (enciclopedia).
Editorial Ir Indo para La Voz de Galicia
Data de pub. 2003-2004
Formato 195 x 290 mm
Páxinas 7.680 (128 x 60 t.) [1]
ISBN ISBN 84-7680-429-6 (obra completa) [2]

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.

Descrición[editar | editar a fonte]

Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tirada de 80.000 exemplares.[3]

O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1.500 habitantes, cidades europeas de máis de 50.000 habitantes e poboacións de máis de 100.000 habitantes do resto do mundo.[4]

Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]