Leandro de Saralegui Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leandro de Saralegui Medina
Leandro de Saralegui Medina 1909.jpg
Nacemento30 de xuño de 1839
Lugar de nacementoTui
Falecemento5 de outubro de 1910
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, economista, militar e autor
PaiLeandro de Saralegui y Fernández-Núñez
IrmánsManuel de Saralegui y Medina
Na rede
Bitraga: 3487
editar datos en Wikidata ]

Leandro de Saralegui Medina, nado en Tui o 30 de xuño de 1839 e finado en Ferrol o 6 de outubro de 1910, foi un militar naval e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 10 de febreiro de 1854 ingresou no corpo administrativo da Real Armada, facendo as prácticas navais entre 1858 e 1861, sempre por augas próximas á costa peninsular. En 1861 fundou a Academia de Administración de Mariña de Ferrol. Logo de intervir na resolución do motín de Ferrol, foi nombrado ordenador do Arsenal de Ferrol. Posteriormente foi destinado a Filipinas como interventor do Apostadoiro de Manila, na reconstrución logo do terremoto de Luzón de 1880. En 1892 foi nomeado intendente xeral de mariña e en 1907 pasou á reserva.

Usou o pseudónimo de E. Gil Arans, e colaborou en revistas como El Defensor de Galicia, Aires d'a Miña Terra, El Pensamiento de Galicia, Las Provincias Gallegas, El Clamor de Galicia, El País de Pontevedra, La Oliva, El Miño, Faro de Vigo, El Diario de Ferrol, El Brigantino, La Concordia ou La Monarquía; tamén dirixiu durante un tempo El Diario Ferrolano. En 1901 prologou a recompilación de parte dos poemas de Aurelio Aguirre publicada co título de Poesías selectas.

Foi membro das Sociedades de Amigos do País de Cartagena, Madrid e Filipinas; tamén membro da Real Academia Galega[1] e correspondente da Real Academia da Historia[2]. Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Naval e era comendador de Carlos III e Isabel a Católica. Renunciou á Gran Cruz de Afonso XII.

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu distintas obras relacionadas cos seus oficios:

Leandro de Saralegui Medina por Pardo de Cela.
  • Nociones generales de Administración pública y de la Armada (Ferrol, 1861).
  • Tratado de Contabilidad de Hacienda pública con relación a España y su aplicación a la Marina (Ferrol, 1862).
  • Nociones generales de Administración de Derecho Administrativo y de Economía política (Madrid, 1865).
  • Historia del Cuerpo Administrativo de la Armada (Ferrol, 1867).
  • Tratado de Economía política (Ferrol, 1870).
  • El presupuesto de Marina. Lo que es y lo que debe ser (Ferrol, 1873).
  • Reglas... para las remesas y suministros de víveres en especie a las divisiones, estaciones y buques del Sur del Archipiélago y Proyecto de Reglamento para la contabilidade de pertrechos de las divisiones y estaciones del Apostadero, de 29 de noviembre de 1878 las primeras, y 25 de octubre de 1879 el segundo, con aprobación, unas y otro, de la Comandancia General del Apostadero de Filipinas.
  • Bases para la contratación de los distintos suministros con aplicación a las necesidades de la Marina, aprobadas por real orden de 10 de diciembre de 1883.
  • Instrucciones para el régimen de la Contabilidad de obras y trabajos de los Arsenales y Reglas para su establecimiento en le de Ferrol, de 16 y 22 de febrero de 1884.
  • Reglamento de la Escuela de Administración Naval, aprobado por real orden de 11 de marzo de 1888.
  • Los hospitales de Marina (Ferrol, 1889).
  • Ordenanza para el régimen militar, facultativo y económico de los Arsenales del Estado, aprobada por real decreto de 18 de julio de 1893.
  • Los Arsenales de Estado (Ferrol, 1896; sen nome do autor).
  • Los arsenales. Su organización y el reglamento de contabilidad vigentes (Ferrol, 1897).

Fixo tamén varios traballos relativos á historia de Galicia e á crítica literaria:

  • Estudios sobre la época céltica en Galicia (Ferrol, 1867).
  • Pueblos lacustres. Estudios de arqueología prehistórica (A Coruña, 1871).
  • Galicia y sus poetas (Ferrol, 1886). Estudo preliminar e antoloxía bilingüe.
  • Estudios sobre Galicia (A Coruña, 1888), Biblioteca Gallega.
  • La cuestión obrera en Galicia (A Coruña, 1893).
  • Del monte Ancos (Ferrol, 1898).
  • San Martín de Jubia. Apuntes históricos (Ferrol, 1898).
  • Informe sobre el convento de Santa Catlina de Montefaro (Ferrol, 1900).
  • San Julián, patrón de Ferrol (Ferrol, 1901).
  • La futura historia de Ferrol (Ferrol, 1901).
  • Del estado de las personas en Ferrol durante la Edad Media (Ferrol, 1902).
  • El feminismo en Galicia. Sobre una mujer que sirvió como grumete en la Armada a fines del siglo XVIII (Lugo, 1902).
  • Jubia. Discurso inédito del P. Fr. Felipe Colmenero, con notas y aclaraciones (Ferrol, 1903).
  • Efemérides ferrolanas. Apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (Madrid, 1904).
  • La protesta de Pedro Padrón (Ferrol, 1906).
  • Un trovador ferrolano de la segunda mitad del siglo XIII (Ferrol, 1907).
  • Los benedictos en Jubia (Ferrol, 1907).
  • Ardobrica. Estudio de geografía histórica (Ferrol, 1908).
  • Libunca. Estudio histórico (Almanaque de Ferrol, 1909).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Discurso leído en La Coruña el día 30 de septiembre de 1906 en la solemne inauguración de la Real Academia Gallega". Real Academia Galega. 1906. 
  2. Enciclopedia Universal Ilustrada. Espasa. Tomo 54, 1927, pp 521-522 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]