Olga Castro
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Olga Castro | |
---|---|
Nacemento | 1980 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo |
Ocupación | profesora e tradutora |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Olga Castro Vázquez, nada en Lugo en 1980 é unha investigadora sobre estudos de tradución, escritora galega e feminista transnacional. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017[1]. Foi secretaria (2009-2012) e posteriormente vicepresidenta (2012-2015) da Asociación Internacional de Estudos Galegos [2]. Foi fundadora e é vicepresidenta da Association of Programmes in Translation and Interpreting in the UK and Ireland.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Medrou na Mariña luguesa, onde se asentou a súa familia orixinaria do interior da provincia de Lugo, despois dos anos na emigración suíza. Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en tradución e interpretación pola de Vigo. Tamén en Vigo defendeu a súa tese de doutoramento no ano 2010, cunha crítica feminista ao campo dos estudos de tradución galegos feitos até ese o momento. Nese mesmo ano emigrou a Gran Bretaña, onde reside desde entón. Alí traballou como profesora e investigadora en Estudos de Tradución na University of Exeter (2010-11), na Aston University de Birmingham (2011-2019) e desde o 2019 traballa na University of Warwick. Os seus dous principais campos de investigación son os estudos feministas de tradución desde unha perspectiva transnacional, así como cuestións de ideoloxía, poder e tradución en culturas minorizadas, en especial na galega, vasca e catalana. Foi investigadora principal dun proxecto financiado pola British Academy, titulado: "Stateless Cultures in Translation: the case of contemporary Basque, Catalan and Galician literatures in the UK".
No ano 2019 fixo parte, como primeira suplente, da candidatura do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións ao parlamento europeo como parte da alianza electoral Agora Repúblicas, celebradas o 26 de maio de 2019[3].
Obra[editar | editar a fonte]
- Feminist translation studies: local and transnational perspectives (con Emek Ergun; Routledge, 2017).
- Self-translation and power: negotiating identities in multilingual European contexts (con Sergi Mainer e Svetlana Page; Palgrave-MacMillan, 2017).
- Trama e urda: Contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos (con María Liñeira; Consello da Cultura Galega, 2015)
- Feminismos (con María Reimóndez; Xerais, 2013)
- Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitarioArquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (con Ana Bringas López, María José Fariña Busto, Belén Martín Lucas e Beatriz Suárez Briones; Universidade de Vigo, 2012).
- Para máis información sobre publicacións como editora de números especiais en revistas académicas, artigos académicos en revistas e capítulos de libros, véxase a páxina da autora.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Membros correspontes da RAG
- ↑ As novas incorporacións á Academia, RAG
- ↑ "El BNG presenta una candidatura para las europeas que "va más allá de unas siglas"". Consultado o 25/5/2019.