Xosé Sesto
Xosé Sesto ![]() | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1909 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 20 de outubro de 1998 |
Lugar de falecemento | Caracas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor, debuxante e pintor |
Fillos | Farruco Sesto Novás |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Sesto López, nado en Pontevedra o 6 de outubro de 1909 e finado en Caracas o 20 de outubro de 1998, foi un xornalista, escritor, debuxante e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fundou a revista Acción onde publicou debuxos e tamén asinou contos co pseudónimo A. Turuxo. Despois participou na fundación das revistas Cristal e Spes. Militante do Partido Galeguista, adscribiuse á Dereita Galeguista en 1936. Viviu con Alexandre Bóveda as súas últimas horas. Montou un obradoiro de restauración.
Chegou a Venezuela en 1955, traído polo seu irmán Manuel. Dedicouse á docencia na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Ese ano realizou a súa primeira exposición no Ateneo de Caracas. En 1957 ditou un curso sobre cultura bibliográfica e artes do libro na Radio Caracas Televisión. En 1958 fundou o seu obradoiro de encadernación Finisterre. Recibiu a cátedra de Artes do libro e encadernación artística na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Foi restaurador e director do laboratorio de restauración do Departamento de Patrimonio Histórico e Artístico da Alcaldía de Caracas. Nos últimos anos da súa vida realizou dous murais na capela do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.
Publicou na Editorial Castrelos Refraneiro da muller (1976). No prólogo anunciaba outro refraneiro temático O amor e a morte no refraneiro galego e, tamén para máis adiante, un Refraneiro xeral da Galiza, que non chegou a rematar e que se dá por perdido. Entre 1953 e 1955 mantivo en Faro de Vigo unha sección titulada "El refrán y su sombra", na que en cada entrega comentaba un refrán e adobiábao cun debuxo orixinal.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu a Medalla Castelao en 1995.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É pai de Farruco Sesto Novás.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "Sesto López, José". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 3. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 356.