Fermín Penzol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fermín Penzol
Nacemento19 de agosto de 1901
Lugar de nacementoSahagún
Falecemento5 de marzo de 1981
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
SoterradoCastropol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónrexistrador da propiedade
CónxuxeBlanca Jiménez Alonso
Fillosnon tivo
editar datos en Wikidata ]

Fermín Luis Fernández Penzol-Labandera,[1] nado en Sahagún (Provincia de León) o 19 de agosto de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1981, foi un bibliófilo, rexistrador da propiedade e galeguista do interior durante a ditadura franquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa na Casa Galega da Cultura.

O seu pai, Indalecio Fernández López, era natural de Ponferrada e a súa nai, María de la Asunción Penzol-Labandera, de Castropol. Naceu en Sahagún, onde residía a familia polo traballo de xuíz do pai, porén, aos poucos meses de vida de Fermín trasladáronse a Mondoñedo. Á idade de ingresar no instituto foron a vivir a Pontevedra, onde fixo o bacharelato. Despois a familia volveu a trasladarse, desta volta a Madrid, onde Fermín estudou Dereito.

Na etapa das Irmandades da Fala e do nacionalismo, sentiuse especialmente identificado con Vicente Risco e Antón Villar Ponte. En Madrid fundou a Mocidade Céltiga con Salvador Mosteiro Pena. Máis tarde, nos anos 30, colaborou con Alexandre Bóveda, tamén dende Madrid.

No franquismo[editar | editar a fonte]

Durante o franquismo serviu de contacto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1950 incorporouse ó equipo fundador da Editorial Galaxia.

Cos fondos da súa biblioteca creouse a Fundación Penzol na cidade de Vigo, inaugurada o 5 de maio de 1963 cunha conferencia do profesor Manuel Rodrigues Lapa.

Sepulturas da familia de Fermín Penzol
Sepultura de Fermín Penzol e Blanca Jiménez.

Recibiu o Pedrón de Ouro en 1971.

Está soterrado no cemiterio parroquial da vila de Castropol.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En decembro de 1948 casou con Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo 1926-2012) que o axudou de xeito entusiasta no seu labor como bibliófilo nos últimos anos da súa vida. Blanca Jiménez foi presidenta e presidenta de honra, sucesivamente, da Fundación Penzol, integrante do plenario do Consello da Cultura Galega entre 2001 e 2008 e Medalla Castelao en 2002.[2] Non tiveron fillos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]