José Luis Méndez López
José Luis Méndez López | |
---|---|
Nome completo | José Luis Méndez López |
Nacemento | 1945 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | empresario |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Luis Méndez López, nado na Coruña o 11 de setembro de 1945, é un banqueiro galego, director xeral de Caixa Galicia entre 1981 e 2010.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola de Comercio da Coruña e máis tarde, en 1967, licenciouse en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse na mesma universidade, onde tivo como director da tese o economista Enrique Fuentes Quintana, e continuou a súa carreira como profesor universitario de facenda pública nesa entidade, e logo de teoría económica na Universidade de Santiago de Compostela, a finais dos anos sesenta.
O seu percorrido profesional na banca iniciouno no Banco del Noroeste, pertencente ao grupo Rumasa, no departamento de investimentos. En 1977 é nomeado director xeral da Caja de Ahorros de Ferrol, cargo que ocupa unicamente durante seis meses, porque en 1978 esta entidade se fusiona coa Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo, que dá lugar a Caixa Galicia. En 1981 é nomeado director xeral da nova entidade por Xoán Cardona Rodríguez, en substitución de Antonio Lorenzo.
Durante os seus anos á fronte da entidade, Caixa Galicia foi reforzando a súa posición absorbendo ou fusionándose coa Caja de Ahorros de Santiago (1980), Caja de Ahorros Provincial de Lugo, (1982), as caixas rurais da Coruña, Pontevedra (1986), Ourense (1988) e León (1992). Nos anos noventa tamén integra as redes bancarias do Banco de Fomento (1994), do Banco Urquijo (2000) e do BNP España (tamén en 2000).
En 2010 a crise financeira afectou grandemente a súa entidade, o que levou a súa fusión con Caixanova. O 16 de setembro dese ano dimitiu da dirección xeral[1], catro días despois de facer os 65 anos, e foi substituído de forma provisional por Xavier García de Paredes. Na nova entidade, Xosé Luís Méndez ocupou o cargo de presidente da Fundación social da entidade, fóra da primeira liña da xestión bancaria, logo de percibir 16.5 millóns de euros en concepto de despedimento[2]. Ademais continúa como presidente da Fundación Claudio San Martín e como membro do consello de administración de Sacyr ou no de Tecnocom, ambos en representación de Novacaixagalicia.
Cargos[editar | editar a fonte]
Pola súa posición á fronte de Caixa Galicia, foi tamén director xeral de Ahorro Corporación e vicepresidente de Caser e de Unión Fenosa. Tamén foi conselleiro en varias empresas, como Pescanova, Sacyr, Ence etc.
É o presidente do Club de Economía de Iñás.
Vida familiar[editar | editar a fonte]
É pai de tres fillos, entre eles os empresarios Yago Méndez e Lis Méndez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ José Luis Méndez se jubila como director general de Caixa Galicia Arquivado 18 de setembro de 2010 en Wayback Machine., Xornal, 16/9/2010
- ↑ José Luis Méndez cobró de Caixa Galicia 16,5 millones por jubilación, El País, 7/10/2011.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Luis Méndez López ![]() |
|
|