Saltar ao contido

Emilio Castelar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Castelar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1832 Editar o valor en Wikidata
Cádiz Editar o valor en Wikidata
Morte25 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
San Pedro del Pinatar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′07″N 3°43′34″O / 40.401894, -3.725989 Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
4 de xaneiro de 1884 – 16 de marzo de 1899 – Manuel Camo Nogués 
Circunscrición electoral: Huesca
Académico da Real Academia da Historia
11 de marzo de 1881 – 25 de maio de 1899
 Valentín Carderera y Solano (pt) TraducirAntonio Vives y Escudero 
Membro da Real Academia Española
25 de abril de 1880 – 1 de xaneiro de 1899
 Pedro Felipe Monlau RocaJacinto Octavio Picón 
Deputado das Cortes
29 de abril de 1879 – 4 de xaneiro de 1884
Circunscrición electoral: Districte electoral de Barcelona (en) Traducir
Deputado das Cortes
23 de febreiro de 1876 – 30 de decembro de 1878
 Santiago Soler i PlaSupresión do cargo
Circunscrición electoral: Q65209989 Traducir
Presidente do Poder Executivo
7 de setembro de 1873 – 3 de xaneiro de 1874
 Nicolás SalmerónFrancisco Serrano Domínguez 
Presidente do Congreso dos Deputados
25 de agosto de 1873 – 8 de setembro de 1873
 Nicolás SalmerónNicolás Salmerón 
Ministro de Estado de España
12 de febreiro de 1873 – 11 de xuño de 1873
 Cristino MartosJosé Muro y López Salgado 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
13 de abril de 1871 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: Huelva
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
 sen valor – Jaume Nuet i Minguell 
Circunscrición electoral: Q65210011 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, historiador, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsConcha Castelar Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Castelar y Ripoll (Emilio), p.77-78)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Castelar, Emilio Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 96487 Galiciana: 7479 BNE: XX875649 Find a Grave: 178928697 Arquivo Histórico de Deputados: 23330 Editar o valor en Wikidata

Emilio Castelar Ripoll, nado en Cádiz o 7 de setembro de 1832 e finado en San Pedro del Pinatar (Murcia), o 25 de maio de 1899, foi un político e escritor español, último presidente da Primeira República Española.

Foi o autor do prólogo de Follas novas de Rosalía de Castro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencía a unha familia de raizame liberal perseguida pola represión absolutista. Completou o bacharelato en Alacant e trasladouse posteriormente a Madrid para estudar Filosofía e Dereito. Desde moi novo demostrou as súas inquietudes políticas e asombrou polos seus dotes de orador hábil e elocuente, revelados por primeira vez en 1854 no mitin electoral celebrado no Teatro Real.

Despois as críticas á monarquía dende o seu propio xornal, La Democracia, fundado en 1864, provocan a expulsión da súa cátedra en 1865 e os sucesos da Noite de San Daniel. Un ano máis tarde tivo que fuxir a Francia ao ser descuberto como un dos implicados no pronunciamento do cuartel de San Gil (coñecido como a rebelión dos sarxentos).

Comezou entón un azaroso exilio de dous anos (entre 1866 e 1868) que, pese ao sufrimento que lle provocou o arredamento da súa patria, Castelar cualifica de "grande escola". Durante este tempo tivo ocasión de percorrer varios países europeos (Francia, Suíza, Italia, Inglaterra, Alemaña) e de coñecer a importantes estadistas, políticos, pensadores e escritores (Victor Hugo, Gambetta, Julio Simon). Ademais, colaborou como correspondente nos principais xornais de Latinoamérica: El Siglo (Montevideo), El Monitor Republicano (México), La Nación (Bos Aires), La Raza Latina (...). Estas colaboracións axudárono a equilibrar a súa maltreita economía.

A Revolución Gloriosa

[editar | editar a fonte]
Monumento a Castelar en Madrid.

O triunfo da Revolución de 1868 (A Gloriosa), de signo progresista, permitiulle regresar a España. A partir de entón, participou máis activamente en política: tomando como modelo as leis democráticas de Norteamérica, quixo impulsar unha reforma dos gobernos monárquicos. En 1869 foi elixido Deputado a Cortes (primeiro, por Zaragoza e por Lleida; máis tarde, por Valencia e polo distrito de Aracena): entón foi cando demostrou verdadeiramente os seus dotes como orador parlamentario, con intervencións que se recordaban como memorables: unha das máis coñecidas foi a polémica que mantivo co cóengo Manterola (abril de 1869), na defensa da separación entre Igrexa e Estado, e da necesidade de poñer fin ao poder temporal do Papado.

Entre 1870 e 1873 durante o reinado de Amadeu de Savoia Castelar mantívose na oposición. En 1872 publicáronse os seus Recuerdos de Italia, libro de viaxes no que recolle moitas das súas impresións da época en que viviu exiliado en Roma. E ao ano seguinte, ademais dunha recompilación dos seus discursos, unha Vida de Lord Byron.

Da primeira República á Restauración

[editar | editar a fonte]

Proclamada a Primeira República en 1873 foi nomeado ministro de Estado no Goberno presidido por Estanislao Figueras participando na elaboración das leis que suprimían as ordes militares, os títulos nobiliarios e a abolición da escravitude. Ese mesmo ano logo da retirada de Nicolás Salmerón, asumiu o poder como cuarto e último Presidente da República e ten que facer fronte á rebelión cantonalista, á sublevación dos carlistas e á insurrección declarada en Cuba.

Xogos florais de 1883 no Teatro Tamberlick de Vigo, baixo a presidencia de Castelar.

As Cortes obrigárono a dimitir o 2 de xaneiro de 1874. Unhas horas máis tarde, entraba o xeneral Pavía no Congreso. Isto foi o final da efémera primeira República española.

Durante a Restauración, afastado progresivamente do republicanismo federal e do radical, formou o Partido Demócrata Posibilista. A súa voz deixouse oír nas Cortes en contra da inxustiza das quintas e a favor do servizo militar obrigatorio, a liberdade de cultos e o sufraxio universal.

En 1893 acabou integrándose na política dinástica dentro do liberalismo sagastino e nos últimos anos da súa vida, apartado xa da política, dedicouse a continuar os seus estudos históricos e literarios ata a data da súa morte, producida en Murcia, en San Pedro de Pinatar, sen chegar a ver o século XX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Nicolás Salmerón
 
Primeira República española
Presidente do Goberno de España
 
7 de setembro de 1873 - 2 de xaneiro de 1874
Sucesor:
Francisco Serrano Domínguez
Presidente do Consello de Ministros

Afonso XII
Rei de España