Casimiro Torres Rodríguez
Casimiro Torres Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1900 |
Lugar de nacemento | Santa Cruz de los Cuérragos |
Falecemento | 3 de maio de 1989 e 2 de maio de 1989 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador e sacerdote |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1944 coa tese Magno Clemente Máximo, dirixida por Santiago Montero Díaz. Foi profesor de Historia Antiga e Media Universal na Universidade Compostelá, membro do Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e director da Biblioteca universitaria de Santiago. Foi tamén membro numerario da Real Academia Galega onde ingresou o 4 de marzo de 1979 co discurso O malfadado D. García: Rei de Galicia. Licenciado en Dereito Canónico, na súa vida privada foi sacerdote da Igrexa católica.
As súas investigacións centráronse en por de relevancia a personalidade de Galicia no Imperio Romano e a entidade histórica sobranceira do Reino Suevo.
Libros e artigos publicados[editar | editar a fonte]
- La Galicia Sueva (A Coruña, 1982)
- La Galicia Romana (A Coruña, 1982)
- Egeria, Monxa Galega (Buenos Aires, 1976)
- Los siete libros de la historia de Paulo Orosio (CEG IX, 1949)
- Los límites de Galicia en los siglos IV e V (CEG, 1949)
- Prisciliano, doctor itinerante (CEG XXVII, 1953)
- La conquista romana de Galicia (B.U.S, 1954)
- El culto al Emperador en Galicia (C.E.G. XXII, 1952)
- Situación jurídica de los suevos en Galicia antes de la caída del Imperio Romano de Occidente (CEG, 1956)
- El Cronicón de Hidacio (Compostellanum, 1956)
- Arca Marmórea (Compostellanum, 1957)
- Peregrinos de Oriente a Galicia en el siglo V (CEG XXXVII, 1957)
- El maestro Pedro Compostelano, un compostelano olvidado (CEG XXIX, 1975)