Eugenio Krapf
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Eugenio Krapf | |
---|---|
Zürich. | |
Falecemento | 10 de abril de 1903. |
Vigo. | |
Nacionalidade | Suíza. |
Ocupación | Impresor. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugenio Krapf, nado en Zürich, Suíza, e finado o 10 de abril de 1903 en Vigo, foi un impresor e libreiro.
Descrición[editar | editar a fonte]
Traballou en Sevilla e, a finais do século XIX, instalou unha librería e imprenta na rúa Policarpo Sanz de Vigo, de onde saíron múltiples tarxetas postais que retrataban en fotografías a cidade daquela época.
Publicou no ano 1900 unha destacada edición de La Celestina de Fernando de Rojas, moi apreciada polos investigadores, prologada por Menéndez Pelayo e epilogada polo propio Krapf, que fai inventario das edicións e traducións anteriores da obra.[1]
Ten unha rúa adicada no concello de Vigo, nas inmediacións de Balaídos, co nome de Eugenio Kraff [sic].[2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Postais da imprenta de Eugenio Krapf. | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alonso Montero, Xesús (2000). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Beatus qui legit. Santiago de Compostela. p. 61. ISBN 9788481218480.
- ↑ Rúa Eugenio Kraff [sic] en Google Maps.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugenio Krapf ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 127. ISBN 84-87379-47-8.
- Artigo "KRAPF, Eugenio" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).