Florentino Cacheda
Florentino Cacheda López | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1938 |
Lugar de nacemento | Lalín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | deseñador de moda |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De pai e avó xastre, estudou no colexio público de Lalín. Emprendeu a súa carreira en Barcelona traballando nunha fábrica de confección e estudando deseño. Traballou como xastre na confección de moda masculina. Fundou a empresa téxtil Florentino en 1970 en Lalín, onde ten a súa sede. Foi concelleiro en Lalín por Unidade Galega nas primeiras eleccións municipais democráticas, e dimitiu o 29 de outubro de 1980. Recibiu a Medalla Castelao en 1997.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7.