Ramón Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Remigio Nieto Otero
Ramón Nieto.JPG
Nacemento1 de outubro de 1856.
Lugar de nacementoLavadores.
Falecemento25 de xullo de 1928 (71 anos).
Lugar de falecementoViña del Mar.
NacionalidadeGalega.
Ocupaciónfilántropo
CónxuxeMaría de la Vega
editar datos en Wikidata ]

Ramón Remigio Nieto Otero, nado en Lavadores, no actual concello de Vigo, o 1 de outubro de 1856 e finado en Viña del Mar, Chile, o 25 de xullo de 1928,[1] empresario da salitre, foi un filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1900, con 44 anos de idade, Ramón Nieto creou a primeira escola no barrio de Barreiro sendo o seu primeiro director Severino Cobas, unha escola que acubillou a máis de sesenta rapaces que durante máis dunha década educou a varias xeracións de Lavadores.

O 16 de maio de 1914, a corporación do daquela concello de Lavadores decidiu nomealo fillo predilecto de Lavadores, e ordenando que cando os recursos do Concello o permitisen se adquirise o seu retrato e se colocase no salón da Casa Consistorial.

Foi así que doou arredor de corenta millóns de pesetas, e nos terreos familiares comezaron as obras para a construción das "Escolas Nieto", e a súa idea non só era que os rapaces aprendesen a ler e escribir senón tamén a aprender un oficio e cara unha educación politécnica orientou un proxecto pedagóxico.[2]

Arredor de 1917 inaugurouse a escola, na zona coñecida coma a "Granxa" na avenida que na actualidade leva o seu nome. Coa presenza do propio Ramón Nieto e os membros do Padroado elixidos para dirixir a escola, levouse a cabo un acto que contou coa presenza de pais, alumnos e autoridades locais. Honorato Fernández Míguez, en nome da corporación Municipal, pediu en 1926 ao Consello de Ministros que se lle concedese a Ramón Nieto Otero a "Grande Cruz" coma propulsor da cultura do naquel entón Concello de Lavadores.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 1944 o concello de Vigo dedicoulle a principal estrada do barrio de Lavadores.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece en Chile Ramón Nieto" Faro de Vigo (en castelán).
  2. "110 anos de andaina, Escolas Nieto"
  3. Antomil Pérez, Daniel (2016). De los nombres de las calles de Vigo. Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 349. ISBN 978-84-8190-844-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]