Víctor F. Freixanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Víctor Freixanes»)
Víctor F. Freixanes
Nome completoVíctor Fernández Freixanes
Nacemento24 de agosto de 1951
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónPresidente da Real Academia Galega
CónxuxeMaría Dolores Cabrera Iglesias
FillosDenís Fernández Cabrera
IrmánsXosé Freixanes
XénerosNarrativa
Coñecido porO triángulo inscrito na circunferencia e Unha ducia de galegos
PremiosModesto R. Figueiredo en 1978
Blanco Amor en 1982
Na rede
Facebook: victor.f.freixanes Bitraga: 142 AELG: 232 Dialnet: 13994 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Víctor Fernández Freixanes[1], máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951[2][3] en Pontevedra,[4] é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e escrita[editar | editar a fonte]

Freixanes en 2009.
Víctor Freixanes e Juan Manuel Lema Rodicio, senllos presidentes da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Ciencias en 2023.

Fillo de Víctor Fernández Barcia. Licenciado en filoloxía románica en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Actividades[editar | editar a fonte]

Catedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras: The Graduate Schooland University Center de Nova York, Forham University de NY, Universidade de Tamaulipas (México) etc., e relator de seminarios arredor da edición en feiras internacionais (Buenos Aires).[6]

Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi cofundador de Teima (1976), redactor entre 1974 e 1980 de Radio Popular de Vigo, onde activou a presenza do idioma galego. Nesa mesma época foi correspondente do xornal Informaciones para Galicia e norte de Portugal.[6]

É membro do plenario do Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. Presidiu a Fundación Otero Pedrayo (2005-2017), da que é na actualidade presidente de honra. Foi membro do Patronato da Fundación Germán Sánchez Ruipérez participando na creación da Casa del Lector (Madrid, 2010).[6]

É codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto con Henrique Monteagudo.

No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1988-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 [7] a 2016[8]. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial que mostra unha ampla e variada visión histórica de Galicia.[9]

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de febreiro de 2004 co discurso Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, respondido por Antón Santamarina Fernández, ocupando a cadeira de Carlos Casares, tamén editor e escritor.[4] Preside a RAG desde o 28 de marzo de 2017. Substituíu no cargo ao profesor e escritor Xesús Alonso Montero, quen non se presentou á reelección.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con María Dolores Cabrera Iglesias, é pai de Diniz Cabreira e mais de Tristán Fernández Cabrera[10].

Obras[editar | editar a fonte]

A cidade dos Césares foi incluída na Biblioteca Galega 120.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Víctor Freixanes, Camilo Nogueira, Ana Gandón e Fernando Martínez Randulfe en 2016.

Premios[editar | editar a fonte]

Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A efectos da fala, Feijóo é Feixóo". Nós Diario. 22 de abril de 2018. 
  2. "Víctor F. Freixanes". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  3. "Víctor Freixanes". www.aelg.gal. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Víctor Fernández Freixanes Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-20. 
  5. Pardo, Miguel (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-20. 
  7. "A historia de Galaxia". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2018. Consultado o 2018-06-30. 
  8. Francisco Castro novo director da Editorial Galaxia, nova na páxina web da Editorial Galaxia.
  9. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-20. 
  10. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Freixanes, Víctor". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 202. ISBN 84-8064-113-4. 
  11. "Editorial Galaxia Unha ducia de galegos". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-20. 
  12. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-20. 
  13. "El triángulo inscrito en la circunferencia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03. 
  14. "Editorial Galaxia O Triángulo inscrito na Circunferencia". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-06-20. 
  15. Requeixo, Armando (xullo, agosto, setembro 2022). "Volver á Cidade dos Césares". Grial LX (235): 76–77. ISSN 0017-4181. 
  16. "Caballo de Oros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-03. 
  17. "Editorial Galaxia Víctor F. Freixanes". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 2022-06-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
  Xesús Alonso Montero  
 
  Presidente da Real Academia Galega  
 
Dende 2017
Sucesor: