Norberto Velázquez Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norberto Velázquez Moreno
Norberto Velázquez Moreno, La Ilustración Cantábrica, Tomo IV, núm. 2, 18-01-1882.jpg
Nacemento 6 de xuño de 1768.
Lugar Ortigosa de Cameros, A Rioxa.
Falecemento 12 de outubro de 1852 (84 anos).
Lugar Vigo.
Nacionalidade España
Ocupación Empresario.
Cónxuxe 1ª (1790) Josefa Coppa
2ª (1824)
Fillos Norberto Velázquez Coppa
editar datos en Wikidata ]

Norberto Velázquez Moreno, nado o 6 de xuño de 1768 en Ortigosa de Cameros, A Rioxa, e finado o 12 de outubro de 1852 en Vigo, foi un empresario e comerciante rioxano afincado en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalouse en Vigo dende finais do século XVIII, sendo o seu primeiro negocio un muíño de vento, sumándose máis tarde á actividade da salgadura dos empresarios cataláns no Areal.

Por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1838,[2] da súa man, procedeuse a habilitar e acondicionar o arquipélago de San Simón para convertelo en 1842[3] nunha leprosería ou lazareto, para o que adiantou cartos.[4]

Construíu varios edificios en Vigo, entre eles o primeiro teatro de Vigo, en 1832 na actual Praza da Princesa, que funcionaría ata 1880. Fixo escolas públicas e unha casa de baños na Laxe.

Amigo de Nicolás Taboada Leal. Foi Xuíz Ordinario (alcalde) accidental e rexedor (concelleiro), chegando a ser o segundo home máis rico de Vigo, tan só por detrás do Marqués de Valladares.

En posesión da Cruz de Carlos III, o 14 de abril de 1906 o concello adicoulle o nome dunha rúa da cidade[5] e en 1924 trasladáronse os seus restos ao panteón de vigueses ilustres do Cemiterio de Pereiró.

El ayuntamiento ha acordado el traslado de los restos del historiador vigués D. Nicolás Taboada Leal y del filántropo D. Norberto Velázquez Moreno, desde el cementerio viejo, al panteón de la nueva Necrópolis, destinado a guardar los restos de vigueses ilustres. ABC.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tomo IV, núm. 2, 18 de xaneiro de 1882 Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  2. Xosé Manuel Pereira, El lazareto de San Simón Diario de Pontevedra (en castelán).
  3. As "Illas de San Simón e San Antonio" Museo do Mar de Galicia.
  4. En grata memoria por las obras públicas con que inauguró el lazareto de San Simón y engrandeció esta Ciudad, su Ilustre Ayuntamiento concedió a la Señora Viuda e hijos del difunto, la creación de este distinguido cenotafio. Placa no mausoleo de Pereiró.
  5. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8. 
  6. Galicia, Traslado de restos, ABC, 7 de novembro de 1924 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]