Ángel del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel del Castillo
Ángel del Castillo 1917.jpg
Nacemento 24 de xaneiro de 1886
  A Coruña
Falecemento 14 de marzo de 1961
  A Coruña
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación escritor
Cónxuxe Obdulia García Cerdido
Fillos seis
editar datos en Wikidata ]

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ángel del Castillo en 1933.

Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.

A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia[1] (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),[2] con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.

Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega,[sic] de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.


Predecesor:
César Vaamonde Lores
 Escudo de A Coruña.svg
Cronista Oficial da Coruña
 
1942 - 1961
Sucesor:
Juan Naya Pérez

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da Real Academia Galega, A Coruña, 20 de novembro de 1926
Fotografía de grupo, de 1928.[4] 
Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.[5] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-62-9. 
  2. «La Barrié reedita el inventario de patrimonio artístico gallego de Ángel Castillo »
  3. El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 8.
  4. Nela aparecen: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Pedrayo, Risco, del Castillo e Rafael González.
  5. De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]