Henrique Monteagudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique Monteagudo
Henrique Monteagudo.jpg
Datos persoais
Nacemento 26 de novembro de 1959 (56 anos)
Lugar Esteiro (Muros) Galicia Galicia
Cónxuxe Dolores Vilavedra
Actividade
Lingua Galego
Xéneros ensaio
Membro da RAG

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na USC desde 1982 e membro numerario da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do ILG desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela e desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 e forma parte do Consello de Redacción da revista Grial desde 1989, e co-director da mesma desde 1993.

O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[1], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino, e dende 2013 é o seu secretario.

É membro do partido político Compromiso por Galicia.


Predecesor:
Xosé Luís Axeitos Agrelo
Secretario da RAG
2013-
Sucesor:
No cargo

Publicacións destacadas[editar | editar a fonte]

Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais).
  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia).
  • Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez e Xosé Luís Regueira.
  • A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
  • Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia). Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
  • A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama López.
  • Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
  • Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
  • Dicionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
  • Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
  • Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
  • Dicionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
  • Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
  • A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
  • Lingua COU (1999, Xerais).
  • Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
  • Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
  • A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
  • Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
  • A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
  • De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Isabel Boullón Agrelo.
  • Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
  • Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
  • Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).

Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
  • Premio Losada Diéguez de investigación (2000).
  • Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]