Manuel Bárcena Franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Bárcena Franco
Nacemento27 de agosto de 1834
Lugar de nacementoVigo
Falecemento14 de xaneiro de 1908
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor e político
FillosManuel Bárcena Andrés
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bárcena Franco, I conde de Torrecedeira, nado en Vigo o 27 de agosto 1834 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1908[1], foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casas de Bárcena.

Fillo de Manuel Bárcena de la Concha Bustillo e de María del Pilar Franco Menéndez Colwel. Educouse en Gran Bretaña. Mantivo e aumentou os negocios de curtidos fundados polo seu pai en Barreiro (Lavadores) e fundou os seus propios como consignatario de buques, gandeiro e promotor de vivendas. Tivo a súa propia casa de banca e foi fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo en 1880. Tamén construíu importantes edificios como o da Caixa de Aforros por el fundada e o Edificio El Moderno.

No Sexenio Democrático foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872 e foi reelixido en 1884. O 6 de abril de 1874 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Na Restauración foi alcalde de Vigo (1879-1881) e foi elixido senador por Pontevedra en 1886, sendo reelixido en 1891, 1896 e 1903.

O 3 de xaneiro de 1891 a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena outorgoulle o título de conde de Torrecedeira, en referencia ao Pazo de Torre Cedeira, situado en Cedeira, Redondela[2]. Do seu casamento con Dolores de Andrés-García López naceron tres fillos, o primoxénito dos cales, Manuel Bárcena Andrés herdou o título nobiliario.


Predecesor:
Francisco Fernández Anciles
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1874
Sucesor:
Benito María de Oca
Predecesor:
?
 
Alcalde de Vigo
 
1879 - 1881
Sucesor:
Jacobo Domínguez Iglesias

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 15-1-1908, p. 3.
  2. López-Chaves Meléndez, Juan Manuel y Amor Moreno, Grato Ernesto, Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra, 1998, ISBN 84-86845-09-02.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]