Saltar ao contido

José Ramón Fontán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Fontán
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1915 Editar o valor en Wikidata
Mos Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
3 de xullo de 1964 – 22 de decembro de 1964 – Rafael Portanet 
Procurador nas Cortes
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964
 Salvador de Ponte y Conde de la Peña
Alcalde de Vigo
1963 – 1964
 Salvador de Ponte y Conde de la PeñaRafael Portanet  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

BUSC: fontan-gonzalez-jose-ramon-1915-1996 Arquivo Histórico de Deputados: 40300
Rúa adicada.

José Ramón Fontán González, nado en Mos o 13 de marzo de 1915 e finado en Vigo o 2 de setembro de 1996, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combatiu no exército rebelde como alférez provisional. Dedicouse aos negocios familiares e dende 1943 exerceu como avogado de oficio. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo (1963-1964)[1] e foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais nese mesmo período.

Na década de 1960 adquiriu os dereitos de captación da auga do río Oitavén para subministrar a cidade olívica.[2]

Foi secretario dos consellos de administración de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. e Tranvía Mondariz-Vigo, S.A. e presidente da Cruz Vermella. Escribiu abundantes artigos xornalísticos, que asinaba co pseudónimo de Codaste.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Rosa Domínguez Alonso e tiveron oito fillos: Rosa María, Cristina, José Ramón, Manuel, Jacobo, Roberto, Carlos e Miguel.

  • Don Cristóbal Colón. Súbdito de D.ª Isabel I de Castilla y gallego de nación (1988), Vigo, Artes Gráficas Galicia.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Medalla de Ouro da Crz Vermella.

  1. "Sesión plenaria de las Cortes", artigo en La Vanguardia Española o 29 de novembro de 1963 (en castelán)
  2. "José Ramón Fontán, el alcalde que consiguió el agua del Oitavén". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2012.
Predecesor:
Salvador de Ponte y Conde de la Peña

Alcalde de Vigo

1963-1964
Sucesor:
Rafael Portanet